Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado dixital de sinais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Empréganse para avaliar a parte de Prácticas. Superalas constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios.
0 B3
C48
C49
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Empréganse para avaliar a parte de Problemas. Superalas constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios. 100 B3
B4
C48
C49
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:

A. Visión xeral

As competencias adquiridas avalíanse mediante unha serie de probas agrupadas en dous partes e con distintos requisitos de superación:
  1. Probas de Prácticas : exames tipo test.
  2. Probas de Resolución de problemas: exames de problemas.

Para superar a materia é necesario superar as dúas partes.
  • Para cada parte realízanse varias probas para obter unha cualificación independente en cada unha delas.
  • Hai probas de ambas partes tanto durante o período de clases como nos períodos de avaliación final. 
  • Unha vez que se supera unha parte, a nota obtida mantense durante todo o curso académico.
  • A nota de Prácticas é de 0 a 10. En caso de ser maior ou igual que 5 considérase que o alumno superou as prácticas. Ademais, se a nota é maior ou igual que 7, a nota de prácticas incrementará a cualificación da materia (ver detalles a continuación).  
  • A nota de Resolución de problemas é de 0 a 10.
  • A Cualificación final da materia obtense do seguinte modo (tanto para avaliación continua coma única)::
    • Se se superaron as dúas partes e a nota de Prácticas non supera o 7:
      • Cualificación final= Nota de Resolución de problemas
    • Se se superaron as dúas partes e a nota de Prácticas é maior que 7:
      • Cualificación final= mínimo [10, Nota de Resolución de problemas + [ (Nota de Prácticas - 7)/3 ] ]
    • Se non se superou algunha das dúas partes:
      • Cualificación final= mínimo [Nota de Resolución de problemas, Nota de Prácticas]
    • Como o alumno ten varias oportunidades ao longo do curso para presentarse tanto á Resolución de problemas como ás Prácticas, é posible que teña varias notas en cada parte. Á  hora de obter a Cualificación final sempre se emprega, en cada parte, a maior das notas que teña en dita parte.
Tamén é importante resaltar o seguinte:
  • Nesta materia o sistema de avaliación continua permite que un alumno poda acadar unha cualificación final de 10 sen necesidade de se presentar ó exame final.
  • Os alumnos que fixesen as probas de avaliación continua e que non superasen algunha parte, ao final do cuadrimestre ou ao final do curso, só é necesario que realicen dita parte.
  • Considérase que o alumno se presenta a avaliación continua no momento no que realiza algún dos exames de Resolución de problemas. Nese caso o alumno obterá sempre unha cualificación distinta de "Non presentado".

Nos seguintes apartados explícase en detalle como se cualifica cada unha das partes.

*B. Detalles de cada parte avaliable

*B1.Probas de Prácticas
  • Obxectivo: Coñecer se o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas correspondentes ás prácticas de laboratorio, facendo fincapé no emprego de MatLab para o procesado dixital de sinais.
  • Materia que é obxecto de exame: O contido dos boletíns de prácticas de laboratorio e aqueles contidos de teoría que se especifiquen nos mesmos.
  • Tipo de exame: Preguntas tipo test. Para a súa resolución poderase empregar MatLab, o enunciado da práctica do laboratorio e as anotacións que sobre ela realice o alumno e o libro de texto. Non se pode empregar calculadora.
  • Cualificación: Nota de 0 a 10. Se se obtén polo menos un 5, supérase esta parte da materia. Se se obtén máis dun 7, a nota de Prácticas axuda a subir a nota final.
  • Método de avaliación das prácticas: 
    1. Primeira oportunidade: Para superar a parte de Prácticas na Primeira oportunidade hai dous mecanismos non excluíntes:
      1. Dúas probas durante o período de clases (avaliación continua):
        • Faise unha proba tipo test ó final de cada práctica na aula de grupo pequeno. Avalíase a práctica que se finaliza na devandita sesión e todas as anteriores.
        • En cada proba obtense unha nota entre 0 e 10. É obrigatorio presentarse ás dúas probas. Se a media obtida é maior ou igual que 5, considérase que o alumno superou as prácticas. 
        • As datas exactas das probas publicaranse na web da materia a principio de curso.
      2. Un exame final (avaliación única). É un exame tipo test onde se avalían todas as prácticas. Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10. 
    • Segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias: Un exame final (avaliación única). É un exame tipo test onde se avalían todas as prácticas. Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10.  
  • Consideracións particulares:
    • Unha vez que se superaron as prácticas, a nota se garda para todo o curso académico.
*B2. Probas de Resolución de problemas
  • Obxectivo: Comprobar que o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas da materia e sabe aplicalos á resolución de problemas.
  • Materia que é obxecto de exame: Especifícase nas guías de cada tema no apartado de Contidos "que son materia de exame". Exclúense deste exame os coñecementos de MatLab.
  • Tipo de exame: Exame de problemas. Non se poden empregar libros, nin apuntamentos. En cada exame especificarase se se pode usar ou non calculadora.
  • Cualificación: Nota de 0 a 10. Esta parte supérase con polo menos un 5.
  • Método de avaliación das parte de Problemas: 
    1. Primeira oportunidade: Para superar a parte de Problemas na Primeira oportunidade hai dous mecanismos non excluíntes:
      1. Tres probas durante o período de clases, na aula de grupo grande (avaliación continua). Cada unha cualifícase de 0 a 10 e é obrigatorio facer as tres probas.
        • A nota de Resolución de problemas obtense como: 0.15*NotaProba1+0.35*NotaProba2+0.5*NotaProba3.
        • Proba 1: Temas 1 a 4. Proba 2: Temas 1 a 8. Proba 3: Temas 1 a 11.
        • As datas exactas das probas publicaranse na web da materia a principio de curso.
      2. Un exame final (avaliación única). Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10. 
    • Segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias: Un exame final (avaliación única). Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10. 
  • Consideracións particulares:
    • Unha vez que se obtén unha nota de polo menos un 5, se garda para todo o curso académico.
    • Se na Primeira oportunidade se superou esta parte durante a avaliación continua, é posible presentarse a ela no exame de final de dita Primeira oportunidade para subir nota.
    • Se na Primeira oportunidade se superou esta parte, os alumnos NON poden presentarse na Segunda oportunidade a esta parte para subir nota.

    *C. Aclaracións e outras consideracións
    • Finalizado o curso os alumnos terán unha única nota da materia no seu expediente académico.
      • Unha vez finalizada a Primeira oportunidade ponse a nota obtida polo alumno ata ese momento, que é definitiva se se trata dunha nota igual ou superior a 5 puntos.
      • Se un alumno que non superou a materia na Primeira oportunidade, obtén unha mellor cualificación na Segunda oportunidade, esta nova nota será a que pase a constar no seu expediente. Se non é mellor, déixase a que tiña anteriormente. En todo caso esta nota pasa a ser definitiva.
    • Os exames de avaliación continua non son recuperables.
    • As notas obtidas nas partes de Prácticas, e Resolución de problemas son só válidas durante o actual curso académico.
    • No caso de que nalgún dos exames da parte de Resolución de problemas permítase o uso de calculadora, só poderá ser unha calculadora científica convencional. NON se poden utilizar calculadoras que permitan o almacenamento de fórmulas, nin aquelas que dispoñen de librarías que realizan de forma automática operacións con números complexos, cálculo de raíces, etc.
    • En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
    • Ao longo do curso, durante a celebración das clases, os profesores da materia eventualmente propoñerán actividades ou exercicios nos que os estudantes poderán ser recompensados ​​con ata 1 punto sobre 10. Se se recibe, este bono engadirase á nota final que o estudante obteña seguindo o método de avaliación descrito
    Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000