Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica dixital
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. A nota final de prácticas, NFP, estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas contará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente do grupo será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. 20 B13
B14
C15
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse as competencias do estudante para resolver problemas e exercicios relacionados cos contidos da materia. A nota final de teoría, NFT, estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 80 C14
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua en primeira oportunidade

Seguindo as directrices propias da titulación e
os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen
esta materia un sistema de avaliación continua.

Enténdese que os alumnos que realicen unha
proba parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas
optan
pola avaliación continua
da materia.

A avaliación da materia divídese en dúas
partes: teoría e práctica. As cualificacións das tarefas
avaliables serán válidas só para o curso académico no que se
realicen.

1.a. Teoría

Realizaranse 3 probas de avaliación de teoría debidamente
programadas ao longo do cuadrimestre. As dúas primeiras probas de avaliación intermedias
(PT1 e PT2) realizaranse durante o curso. A planificación das probas intermedias aprobarase nunha Comisión Académica do Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. A terceira proba
será o exame final (EF) que se celebrará ao rematar o curso na
data que estableza a CAG.

Cada proba constará dunha
serie de preguntas de resposta corta e de resolución de problemas
e/ou exercicios e valorarase de 0 a 10. Para superar a parte de
teoría será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no
exame final (EF >= 4). Neste caso a nota final de teoría (NFT)
será o máximo da nota do exame final (EF) e a suma ponderada das
notas de cada proba:

NFT = max{EF ; (0,2·PT1 + 0,2·PT2
+ 0,6·EF)}.

No caso de non superar o
exame final (EF < 4), a nota final de teoría será o mínimo de 4
e a expresión anterior:

NFT = min{4 ; max{EF ; (0,2·PT1 +
0,2·PT2 + 0,6·EF)}}.

As
probas non son recuperables, é dicir, que si un alumno non pode
asistir o día en que estean programadas o profesor non ten
obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0.

1.b. Práctica

Realizaranse 13 prácticas de laboratorio en
sesións de 2 horas e grupos de 2 alumnos, sempre que sexa posible.
As primeiras cinco prácticas serán guiadas e nelas aprenderase o
manexo das ferramentas que se utilizarán no laboratorio e as etapas
do deseño con dispositivos dixitais configurables. Estas cinco
primeiras prácticas son obrigatorias pero non son puntuables. O
resto das prácticas cualificaranse mediante a avaliación continua.
Cada unha delas avaliarase unicamente o día correspondente á súa
realización segundo a planificación de prácticas e de acordo co
grupo de prácticas asignado polo centro a cada alumno. As prácticas
6 a 13 valoraranse cunha nota de práctica (NP) de 0 a 10 puntos cada
unha. Os profesores terán en conta o traballo previo dos estudantes
para preparar as tarefas propostas e o traballo no laboratorio, así
como o comportamento do estudante no posto. A nota das prácticas ás
que o estudante non asista será de 0. Para superar a parte de
prácticas o alumno non poderá faltar a máis de 2 sesións. Neste
caso, a nota final de prácticas (NFP) será:

NFP = (NP6 + NP7 + NP8 + NP9 + NP10 + NP11 + NP12 + NP13)
/ 8.

No caso de faltar a máis de 2
sesións prácticas a nota final de prácticas será:

NFP = min{4; (NP6 + NP7 + NP8 + NP9 + NP10 + NP11 + NP12
+ NP13) / 8}.

1.c. Nota final da materia

Na nota final (NF) a cualificación de cada unha
das dúas partes da materia, nota de teoría (NFT) e nota de
prácticas (NFP), terán un peso do 80% e do 20% respectivamente.
Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5
puntos sobre 10 en cada unha das partes (NFT >= 5 e NFP >= 5).
Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de
cada parte:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP).

No caso de non superar algunha das dúas partes
(NFT < 5 ou NFP < 5), a nota final será o mínimo de 4 e a
suma ponderada das notas de cada parte:

NF = min{4 ; (0,8·NFT + 0,2·NFP)}.

Para aprobar a materia será imprescindible obter
un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

2. Avaliación única en primeira oportunidade

Os alumnos que non opten pola avaliación continua
poderán presentarse a un exame final que constará dunha parte
teórica e outra práctica que se celebrarán nas datas que estableza
a CAG. Para poder presentarse ao exame de
prácticas é obrigatorio poñerse en contacto co profesorado da
materia a lo menos dúas semanas antes do exame. Desta forma
facilítase a planificación das quendas de exame de laboratorio.

O exame teórico constará dunha única proba ou
exame final (EF) cunha serie de preguntas de resposta curta e de
resolución de problemas e/ou exercicios. Esta proba valorarase de 0
a 10 e a nota final de teoría (NFT) será a cualificación obtida.

NFT = EF.

O exame práctico consistirá na resolución de
exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados nas
prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0
a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación
obtida.

Para aprobar a materia será imprescindible obter
un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes (NFT >= 5
o NFP >= 5). Neste caso a cualificación final (NF) será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF = (0,8·NFT + 0,2·NFP).

No caso de non superar algunha das dúas partes
(NFT < 5 ou NFP < 5), a nota final será o mínimo de 4 e a
suma ponderada das notas de cada parte:

NF = min{4 ; (0,8·NFT + 0,2·NFP)}.

Para aprobar a materia será imprescindible obter
un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

3. Avaliación en segunda oportunidade e en convocatorias extraordinarias

A avaliación en segunda oportunidade e en convocatorias extraordinarias constará dun exame parte
teórico e outro práctico que se celebrarán nas datas que estableza
a CAG. Para poder presentarse ao exame de
prácticas é obrigatorio poñerse en contacto co profesorado da
materia a lo menos dúas semanas antes do exame. Desta forma
facilítase a planificación das quendas de exame de laboratorio.

Aos alumnos que se presenten en segunda oportunidade conservaráselles a nota que obteñan na avaliación ordinaria
(avaliación continua ou única) nas partes ás que non se presenten
(NFT po NFP), polo que poderán realizar só a parte teórica, só a
parte práctica ou as dúas. O cálculo da nota final da materia
realizarase tal e como se explica no apartado 2 (avaliación única en primeira oportunidade).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000