Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a planificación da materia consistirá no seguinte:

Docencia A.
As clases síncronas impartiranse semanalmente a través das plataformas proporcionadas pola Universidade de Vigo. Ademais, publicaranse nestas plataformas as presentacións sobre os contidos da materia debidamente locutadas, de xeito que os estudantes poidan acceder ás explicacións de cada tema no intre máis conveniente, máis alá das sesións síncronas. Os medios habilitados para a resolución das dúbidas dos estudantes incluirán: (i) foros de consulta on-line para dar unha maior visibilidade ás respostas do profesor en relación ás preguntas formuladas por cada alumno e (ii) titorías no despacho virtual do profesor, previa cita para acordar data e hora.

Docencia B.
As clases síncronas impartiranse semanalmente a través das ferramentas facilitadas pola Universidade de Vigo. As preguntas relacionadas coa parte práctica serán respondidas a través de foros de consulta on-line e titorías virtuais.

Avaliación.
A avaliación virtual da materia rexerase polas condicións descritas no apartado "Avaliación" deste documento, incluíndo o mesmo número de probas, idéntica ponderación e notas mínimas. Organizarase do seguinte xeito:

- Sesións A: os exames teóricos (dous en avaliación continua e un na avaliación global) levaranse a cabo nas datas aprobadas polo Centro, usando as ferramentas facilitadas pola Universidade de Vigo.

- Sesións B: as prácticas Java entregaranse electrónicamente nas datas establecidas oficialmente. O exame práctico, no caso de ter que ser realizado, será virtual e fará uso das ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000