Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Informática: Arquitectura de ordenadores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Deixaranse preguntas de exame doutras convocatorias para que poidan autoavaliarse. 0 B3
B4
C2
Práctica de laboratorio O examen de evaluación continua EP1 consistirá en cuestions e exercicios sobre a parte P1 do programa de práctica. 16 B3
B4
C2
D2
D3
Práctica de laboratorio O examen de evaluación continua EP2 consistirá en cuestions e exercicios sobre a parte P2 do programa de práctica. 24 B3
B4
C2
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios O examen de evaluación continua ET1 consistirá en cuestions e exercicios sobre a parte T1 do programa de teoría. 24 B3
B4
C2
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios O examen de evaluación continua ET2 consistirá en cuestions e exercicios sobre a parte T2 do programa de teoría. 36 B3
B4
C2
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN

A materia divídese en dúas partes: Teoría e Práctica.

A nota final da materia ( NF) calcúlase en función da media ponderada (MP) da nota de Teoría (NT) e da nota de Práctica (NP): MP = 0,6*NT+ 0,4*NP 

Se ambas as notas (NT e NP) son maior ou igual a 3,5 entón NF = MP. 

Se polo menos una das notas ( NT e/ou NP) é menor de 3,5 e MP é maior de 4,0 entón NF = 4,0; se MP é menor ou igual a 4,0 entón NF = MP.

Para aprobar a materia, NF ha de ser maior ou igual a 5. 

Cada parte da materia poderase Avaliar de forma Continua (EC) ou por Evaluación Global (EG) mediante Exame Final (EF). 

O EF será realizado nas horas oficialmente aprobadas, e constará de dúas partes: Teoría e Práctica.

A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetilas.

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. 

TEORÍA

A parte de Teoría divídese en dúas partes: T1 e T2. T1 cubre aproximadamente a metade do temario, e T2 todo o temario.

* AVALIACIÓN EN OPORTUNIDAD ORDINARIA

*.* EVALUACION CONTINUA (EC).

Consiste na realización de dous exames: ET1 e ET2 que se corresponden coas dúas partes de teoría. A planificación da data do exame ET1 e ET2 aprobarase nunha Comisión Académica de Grao ( CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

Ademais, durante as clases poderanse realizar exercicios curtos a través dos teléfonos móbiles e que poderán contar como 1 punto a maiores na nota de cada exame.
Así a nota de cada parte será a obtida no exame (sobre 10 puntos) máis a obtida cos exercicios curtos (sobre 1 punto). 

A nota de Teoría mediante EC na avaliación en  Oportunidade Ordinaria é NT =0,4* T1 + 0,6* T2

*.* EXAME FINAL

Todo alumno que non seguise a EC deberá presentarse ao Exame Final de Teoría  EFT). O EFT consta de dous exercicios (de cada unha das partes): T1 e T2.
NT =0,4* T1 + 0,6* T2

* AVALIACIÓN EN  OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA

O Exame Final de avaliación en Oportunidade Extraordinaria ten a mesma estrutura que o de avaliación en  Oportunidade Ordinaria.
Non realizar a avaliación en Oportunidade Extraordinaria implica aceptar a nota obtida na avaliación en  Oportunidade Ordinaria.
Se suspendeu a parte de teoría (tanto en EC como en EFT), pode:

  • presentarse ás dúas partes (ET1 e ET2), anulando a nota de teoría obtida en EC ou EFT.
  • presentarse só a unha das dúas partes ( ET1 ou ET2), anulando a nota obtida desa parte en EC ou EFT.
  • non presentarse a ningunha parte e manter a nota de teoría obtida en EC ou EFT.

En caso de cursar EC, mantense e súmase a nota obtida nos exercicios curtos durante as clases en todos os casos.
A nota de teoría será a calculada mediante NT = 0,4* T1 + 0,6* T2 coas novas notas de ET1 e/ou ET2, no seu caso. Presentarse a calquera parte (ET1 e/ou ET2) implica renunciar á nota obtida anteriormente.

 * CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA

Consistirá nun exame similar ó do Exame Final de avaliación na  Oportunidade Ordinaria.

 

PRÁCTICA

A parte práctica desenvólvese sobre o ensamblador ARM/ Thumb. Divídese en dous partes: P1 aproximadamente sobre a metade do temario e P2 todo o temario.

* AVALIACIÓN EN OPORTUNIDADE ORDINARIA

*.* EVALUACION CONTINUA.

A parte de Práctica en EC consta de 2 exercicios EP1 e EP2. A planificación da data do exame EP1 realizarase en quendas de tarde e aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. EP2 realizarase o día do exame final de oportunidade ordinaria (será un exame distinto para os que decidan continuar por EC ou para os que decidan presentarse unicamente ao EFP).
Ademais, durante as clases poderanse realizar exercicios curtos a través dos teléfonos móbiles e que poderán contar como 1 punto a maiores en cada exame de práctica.
Así a nota de cada parte será a obtida no exame (sobre 10 puntos) máis a obtida cos exercicios curtos (sobre 1 punto).
A nota de Práctica mediante EC na avaliación en  Oportunidade Ordinaria é NP = 0,4* P1 + 0,6* P2

*.* EVALUACIÓN GLOBAL

Todo alumno que non seguise a EC deberá presentarse ao Exame Final de Práctica ( EFP).
O EFP consistirá nun exercicio sobre o temario completo de ARM/ Thumb a realizar no laboratorio.
A Nota de Práctica neste caso é a nota do EFP.

* AVALIACIÓN EN OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA

Consistirá nun exame similar ao do EFP de avaliación en Oportunidade Ordinaria. Todo alumno suspenso na parte práctica haxa seguido a EC ou non, poderá presentarse a este exame. Os alumnos que seguisen por EC manterán as notas obtidas nos exercicios curtos en clase, aplicándose a ponderación de 0,4 para os realizados na parte P1 e de 0,6 na parte P2, que serán 1 punto en total.

 * CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA

Consistirá nun exame similar ó do Exame Final de Avañiación  na  Oportunidade Ordinaria.

 

CUESTIÓNS XERAIS

Todas as notas de todos os exercicios e exame s realizados tanto en teoría como en práctica puntuaranse de 0 a 10. Os exercicios curtos poden supoñer que a nota do alumnado poida ser maior de 10. Nestes casos, a nota final é 10, considerándose a nota total maior de 10 para a adxudicación da matrícula de honra.

Non realizar a avaliación en Segunda Oportunidade implica aceptar a nota obtida na avaliación en Primeira Oportunidade.

TITORIAS

As titorías suspenderanse dous días lectivos antes de calquera exame oficial.

ELECCIÓN DE AVALIACIÓN CONTINUA:

A Avaliación Continua (EC) pode elixirse para Teoría e/ou para Práctica. Para seguir EC en Teoría hai que presentarse a ET1, e para seguir EC en Práctica hai que presentarse a EP1.
Quen elixise EC nunha parte (Teoría e/ou Práctica) non poderá presentarse ao Exame Final en Oportunidade Ordinaria desa parte.
Obsérvese que se pode seguir, se así se desexa, unha parte (Teoría ou Práctica) por EC, e a outra (Práctica ou Teoría) por EG.

ACTAS: Todo alumno que siga a EC, xa sexa de práctica e/ou de teoría, considerarase como presentado e a súa nota será a obtida de aplicar as correspondentes fórmulas.

EXAMES: Para poder realizar calquera exame ou exercicio de teoría (ET1, ET2 e EFT)  ou de práctica (EP1, EP2, e EFP), tanto en avaliación en oportunidade ordinaria como extraordinaria, e convocatoria extraordinaria de fin de carreira, todo estudante haberá de inscribirse a través da correspondente ferramenta informática, para o cal avisarase cun prazo mínimo de 5 días naturais.

NOTAS: Antes da realización ou entrega dun exercicio, ou a realización dun exame, indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán publicadas nun prazo razoable de tempo.

COMUNICACIÓNS COS ALUMNOS: Todas as comunicacións referentes a asuntos da organización docente serán realizadas a través das ferramentas informáticas empregadas na materia, principalmente Moovi, BeA e correo electrónico. Enténdese que todos os alumnos len o seu correo electrónico (o consignado en Moovi) polo menos unha vez ao día. 

CÓDIGO ÉTICO: Espérase de todos os alumnos que teñan un comportamento ético en todas as probas de avaliación, garantindo a igualdade de oportunidades para todos os alumnos. No caso de que se detecte unha infracción de devandito comportamento ético nunha proba particular, a puntuación obtida nesa proba será automaticamente de cero (0) e emitirase un informe á Dirección da Escola para que tome as medidas oportunas.

Exemplos de comportamento non ético son: uso de aparellos electrónicos (móbiles, tabletas, ordenadores, etc.), copia doutro compañeiro, uso de material non autorizado nas normas concretas do exame en cuestión, etc.

 

 

 










Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000