Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Análise de circuítos lineais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse 3 probas en horario de Grupo A: ECA1, ECA2 e ECA3. A puntuación de cada unha destas tres probas será de 2, 2 e 1.5 puntos respectivamente.

Os horarios das probas aprobaranse na CAG e estarán dispoñibles a principio de cuadrimestre.
55 B3
B4
C4
Práctica de laboratorio Esta proba ( ECHW) realízase en horario de Grupo B en laboratorio de hardware. O día concreto aprobarase na CAG e estará dispoñible a principio de cuadrimestre.Trátase dunha proba relativa a exercicios de montaxe e medida de circuítos, e terá unha puntuación máxima de 0.5 puntos. Para estes exercicios valoraranse a capacidade de traballo en grupo, o axuste ás especificacións de deseño e a presentación de resultados.

Para superar a materia por avaliación continua é obrigatoria a asistencia ás dúas sesións de prácticas de laboratorio (hardware) e á súa correspondente avaliación.
5 B3
B4
C4
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba Global (PG). Abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e poderá incluir probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. Haberá unha versión deste examen para o alumnado que siga a avaliación continua , con puntuación máxima será de 4 puntos, e outra versión extendida do mesmo cunha puntuación de 10 puntos para o resto do alumnado. 40 B3
B4
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia:

1. Oportunidade ordinaria ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles:

  • Alumnado que só se presente ao exame final: cualificarase coa puntuación obtida nel (de 0 a 10 puntos).
  • Alumnado que segue a avaliación continua: cualificarase coa suma de todas as puntuacións:
 Nota = ECA1 + ECA2 + ECA3 + ECHW + PG

2. Oportunidade extraordinaria.

O alumnado que non superou a asignatura ao final do cuatrimestre pode realizar un exame final extraordinario que abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación obtida no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final, substituíndo á agregación das notas das probas de avaliación continua e o exame final de avaliación continua.

O alumnado que seguira a avaliación continua poderá decidir, o mesmo día do exame, conservar ou non a súa nota de avaliación continua do mesmo xeito que no exame final de primeira oportunidade.

Convocatoria de fin de carreira:

Realizarase un exame que abarcará a totalidade dos
contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e poderá
incluir probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A
puntuación obtida no mesmo (entre 0 e 10) será a calificación
final.

Comentarios adicionais:
  • O alumnado deberá asistir ás prácticas no grupo que se lles asignara ao comezo do cuadrimestre.
  • Todas as notas da avaliación son individuais.

  • É obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio de hardware, e a correspondente avaliación ECHW.
  • A realización das probas ECA2 ou sucesivas de puntuación e/ou calquera dos exames finais suporá que o alumno/a terá unha cualificación diferente á de "Non presentado".
  • A cualificación obtida en avaliación continua só terá validez para o curso académico en que se realice.
  • A materia considerarase aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.

Recuperación.

As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización.

Resultados das probas.

Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba).

Copia

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicaco á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000