Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Análise de circuítos lineais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: profesorado, programa, bibliografía, metodoloxía docente e sistema de avaliación e cualificación.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2 e CT3.
Lección maxistral Os obxectivos desta metodoloxía son a exposición dos contidos teóricos, e a comprobación periódica do grao de asimilación dos mesmos por parte do alumnado.
Ao longo destas sesións suscitaranse exercicios e/ou problemas enfocados ao ámbito específico
de estudo, que serán resoltos polo profesor ou ben polos alumnos co apoio do profesor,
ben de xeito individual ou grupal.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE4, CT2 e CT3.
Prácticas con apoio das TIC Estas sesións adicaranse a resolución tutelada, de xeito individual e/ou grupal, de supostos prácticos vinculados aos contidos teóricos da asignatura.
As solucións obtidas poderán ser contrastadas e/ou analizadas facendo uso de ferramentas
informáticas.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4.
Prácticas de laboratorio Realizaranse 2 sesións prácticas no laboratorio de hardware nas que se abordarán exercicios de montaxe e medida de circuítos básicos. Das 4h correspondentes, 1h destinarase á
avaliación destas sesións.Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4.
Resolución de problemas Estas sesións adicaranse a resolución tutelada, de xeito grupal, de supostos prácticos vinculados aos contidos teóricos da asignatura.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000