Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Probabilidade e estatística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Se a docencia fose non presencial manterase a planificación, tanto para os grupos A como os grupos B, coa particularidade de que se empregará un sistema de clases virtual.

Para facilitar a organización do traballo de forma autónoma por parte dos estudantes, estes terán, ademáis das clases virtuais, todo o contido teórico da materia gravado en vídeos curtos (en castelán), así como as presentacións completas empregadas nas clases, ademais da posibilidade de titorías en liña.

En canto á avaliación, se esta tivese que ser non presencial, realizaranse as seguintes modificacións:

- Manteranse tódalas probas de avaliación continua, excepto a Parte 2 da Tarefa 1, que será eliminada. Neste caso, o descrito como Parte 1 da Tarefa 1 tería todo o peso previsto para esa Tarefa 1.

- O exame final será o mesmo para tódolos alumnos, é dicir, os que optasen por avaliación continua non farán unha versión reducida do mesmo.

- Sempre que se puideran realizar as catro tarefas previas previstas, a media destas realizarase excluíndo a peor das cualificacións obtidas. Noutro caso, calcularase a media con todas as cualificacións dispoñibles.

- A nota final das persoas que opten por avaliación continua calcularase como a máis alta entre a nota do exame final e o promedio entre a nota do exame final e a nota media das tarefas previas.

O resto das condicións do sistema de avaliación non se modificarán.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000