Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Tres sesións dunha hora:

1ª sesión: Temas 1 e 3
2ª sesión: Tema 4
3ª sesión: Temas 5 e 6

As tres probas suman un 45% da nota tendo cada unha o peso seguinte:

Primeira: 15% (1,5 puntos)
Segunda: 15% (1,5 puntos)
Terceira: 15% (1,5 puntos)

Examen final: 50% (5 puntos)

Avialiación individual
95 B3
B4
C1
Práctica de laboratorio O alumno fará unha práctica de laboratorio do Tema 2, con MATLAB ou MAXIMA.
O seu valor será do 5% (0,5 puntos)

Avialiación individual
5 C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será preferentemente continua. O alumno que se presente a algunha sesión de avaliación quedará inscrito, automaticamente, na avaliación
continua.
Unha vez inscrito non poderá darse de baixa neste tipo de avaliación.


As probas da avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas nas datas estipuladas, o profesor non ten a obriga de repetirllas. Antes da realización de cada proba indicarase tanto a data aproximada de publicación das cualificacións obtidas (polo xeral unha semana) coma o procedemento e a data de revisión das mesmas. A puntuación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.


Nas probas da avaliación continua o alumno resolverá problemas e exercicios dos temas da materia.

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.

1. Avaliación continua.

A nota final dun alumno que faga a avaliación continua obtense mediante a fórmula

N = C + E

C: Nota obtida ao sumar as notas das cuatro sesións evaluativas dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

E: Nota do exame final dos temas 4, 5 e 6.

Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5.

2. Avaliación final do cuadrimestre.

Aqueles alumnos que non fagan a avaliación continua, poderanse presentar a un exame final de todos os temas da materia na mesma data que a do exame final da avaliación continua. 

Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10 puntos e un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

3. Segunda oportunidade.

No día do exame de recuperación, os alumnos que elixiron avaliación continua, poderán optar, se así o desexan, por un exame dos temas 4, 5 e 6. A nota final obtense como

NR = C + ER

C: Nota obtida ao sumar as notas das catro sesións evaluativas dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

ER: Nota do exame final de recuperación dos temas 4, 5 e 6.

Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5.

En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por mor da non participación na avaliación continua, o exame de recuperación será de todos os temas da materia. 

Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10 puntos. Un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

4. Calificación de non presentado.

Finalmente, un alumno considerarase non presentado se non se inscribe na evaluación continua e non se presenta a ningún dos exames da materia. En caso contrario considérase presentado e polo tanto recibirá a nota que lle corresponda.

5. Fin de carreira.

O exame será de todos os temas da materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000