Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introdución á materia tanto na súa compoñente teórica como práctica.
Lección maxistral Presentación por parte do profesorado do temario da materia.

Estas sesións poderán incluir a realización de traballos e a realización de programas por parte do alumnado.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE12 e CT2.
Prácticas de laboratorio Ao longo da primeira parte do cuadrimestre, os/as estudantes codificarán, desenvolverán e documentarán sinxelos programas, guiados polo profesorado.

No laboratorio traballarase co sistema operativo Ubuntu Linux, e empregarase o compilador gcc.

Nalgunhas prácticas poderase pedir a entrega de informes para a súa avaliación.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG4, CG9, CE6, CE12, CT2 e CT4.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000