Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Empresa: Fundamentos de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que se realizarán ao longo do curso, tanto dos contidos das clases de teoría como de prácticas, distribuidas de forma uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias.
40 B4
B8
C5
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final onde se examina de todos os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 60 B4
B8
C5
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua (con dous opcións ) e avaliación única ao final do cuadrimestre. En calquera dos dous sistemas de avaliación,  ésta é individual e todas as competencias da materia quedan avaliadas.

1. Avaliación continua

A avaliación continua constará de tres probas: dous probas intermedias desenvolvidas ao longo do curso, e que se completarán cun exame ao final do cuadrimestre.  As probas intermedias consistirán en dous exames, con datas que se planificarán na Comisión Académica de Grado e estarán disponibles ao principio do cuadrimestre. As devanditas probas non liberan materia, senon que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría coma de prácticas, é por isto que se lle conferirá á derradeira proba un maior peso no cálculo da calificación con respecto a anterior, de forma que a primeira proba pesa un 40%, e a segunda proba un 60%.

Si o alumno ten superado a derradeira proba intermedia, e obtido unha media ponderada con calificación de 5, quedará exento da realización do exame ao final do cuadrimestre. A calificación que obtén o alumno neste caso será a nota media ponderada dos dous puntuables.

Os alumnos que non aproben a materia a través das dúas probas intermedias, terán que completar a avaliación continua realizando un exame ao final do cuadrimestre que consistirá nunha proba que suporá un 60% da nota que se sumará á nota obtida na avaliación continua (40% da media ponderada das probas intermedias).

As pobras non son recuperables é dicir, se un alumno non as realiza no día estipulado o profesor non ten a obriga de repetírllas (a non ser que exista una causa de forza maior). Considerarase que un alumno optou pola avaliación continua cando participa na segunda proba.

2. Alumnos que non optan por avaliación continua

Aos alumnos que non opten pola avaliación continua se lles ofrecerá un procedemento de avaliación única que lles permita acadar a máxima calificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.

3. Sobre a segunda oportunidade

Para a segunda oportunidade o alumno elixe e comunica por escrito (unha semana antes do exame) se desexa ser reevaluado completamente sobre a máxima nota posible ou se se lle sigue aplicando o procedemento de avaliación continua estipulado na asignatura mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao alumno se lle gardan os resultados das probas realizadas nese curso.

4. Calificación de Non Presentado

Un alumno se considerará non presentado se, como máximo, participou na primeira proba de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumno se considerará presentado e recibirá a súa nota correspondente.

5. Sobre a convocatoria extraordinaria de fin de carreira

Consistirá nun exame que sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.

Aviso Importante

No caso de detección de copia en calquera das probas, a calificación final será de SUSPENSO (0), e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000