Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación continua consistirá en tres probas dunha hora de duración. A planificación das probas de avaliación continua é a seguinte:
1. Exame dos temas 1 e 2
2. Exame dos temas 3 e 4.
3. Exame dos temas 5 e 6.

Cada unha das dúas probas terá un peso do 20% na nota final.

O peso total da avaliación continua na nota final é, polo tanto, do 60%.

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
60 B3
B4
C1
Exame de preguntas de desenvolvemento Un exame final de tres horas de duración, como máximo, ao final do cuadrimestre en data e lugar programados no calendario de exames da Escola, cubrindo os temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6. 40 B3
B4
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Oportunidade ordinaria:

Avaliación continua:

A nota final obtense mediante redondeo simétrico a 1 decimal

                                                                                  N = Round (M, 1)

da cantidade M calculada pola fórmula:

M = (2 x (E1 + E2 + E3) + 4 x EF ) / 10

onde E1, E2 y E3  son as notas, entre 0 e 10, obtidas nas tres probas de avaliación continua e onde EF é a nota, entre 0 e 10, obtida no exame final. Antes da realización ou entrega de cada proba ou tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das probas corrixidas, cuxas notas serán dadas a coñecer nun prazo razoable de tempo. As probas non son recuperables: se alguén non se presentara para realizar unha proba na data estipulada, o profesor non ten a obriga de repetirlla.

A calificación obtida nas probas de avaliación continua será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

Considerarase que un o unha estudante ha optado por seguir a evaluación continua se realiza o segundo exame, é dicir, o dos temas 3 e 4.

Avaliación global:

Quen non opte pola avaliación continua poderase presentar a un exame dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6, onde será calificado nunha escala de 0 a 10 puntos. 

Oportunidade extraordinaria:

Quen ao término do cuadrimestre non acade a cualificación de aprobado terá opción de realizar un segundo exame final na data e hora publicadas pola Escola no calendario de exames, o cal cubrirá os temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6, onde será calificado nunha escala de 0 a 10 puntos. 

Observación: Durante o periodo de corrección de exames o alumnado poderá ser contactados por teléfono ou telemáticamente polo profesorado para aclarar aspectos das súas respostas; nese caso, tales repostas poden ter un impacto na nota do examen.

Cualificación de "No Presentado":

Na oportunidade ordinaria obterá a cualificación de "No Presentado" quen no opte pola avaliación continua e non se teña presentado ó exame final.

Na oportunidade extraordinaria obterá a cualificación de "No Presentado" quen teña "No presentado" na oportunidade ordinaria e non se teña presentado ó segundo exame final.

Convocatoria de Fin de Carreira:

Quen se presente á Convocatoria de Fin de Carreira realizará un exame de tódolos os temas da materia, onde será cualificado nunha escala de 0 a 10 puntos.

Comportamento Ético:

Espérase que tódo o estudantado un comportamento ético en tódalas probas de avaliación, as cales deben reflectir verazmente os coñecementos e preparación reais obtidos polo alumnado. No caso de que se detecte unha infración de dito comportamento ético nunha proba particular, a puntuación nesa proba será automáticamente de cero (0) e se emitirá informe á Dirección da Escola. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000