Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Primeira sesión (parcial; 1 hora): Temas 1 e 2.

Segunda sesión (parcial; 1 hora): Temas 3 e 4.

Terceira sesión (parcial; 1 hora): Tema 5.

Cuarta sesión (exame; 1 hora): Tema 6.

As catro sesións anteriores son individuais e suman o 50% da nota total.
10

12.5

10

17.5



50
B3
B4
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase de forma individual un exame final sobre os temas 4, 6 e 7 da materia. A súa puntuación será o 50% da nota total. 50 B4
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única.

1. Avaliación continua

Considerarase que un alumno optou por avaliación continua cando entregue ao profesor, antes da data de realización da segunda sesión de evaluación continua, a folla de inscrición neste tipo de avaliación. Unha vez expresado por escrito o seu desexo de participar, non poderá cambiar a opción de avaliación. A avaliación continua consta das catro sesións que figuran nesta guía e do exame final. As sesións non son recuperables, é dicir, se un alumno non se pode presentar para realizalas no día estipulado polo profesor, este non ten obrigación de repetirllas.

A nota final dun alumno que faga avaliación continua obterase mediante a fórmula

N = (1/10) x C + (5/10) x E

C: Nota, entre 0 e 50, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora.

E: Nota, entre 0 e 10, obtida no exame final sobre os temas 4, 6 e 7 da materia.

Nesta modalidade, un alumno estará aprobado cando  N sexa maior ou igual que 5.

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Avaliación única e convocatoria extraordinaria

Aqueles alumnos que non sigan avaliación continua poderanse presentar a un exame final, que non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua, sobre todos os temas da materia. Neste caso, o exame será avaliado entre 0 e 10 puntos e un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

3. Segunda oportunidade

O día do exame de recuperación, os alumnos que elixiron avaliación continua, poderán optar, se o desexan, a un exame onde a nota se obteña como

NR= (1/10) x C (5/10) x D

C: Nota, entre 0 e 50, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora.

D: Nota, entre 0 e 10, obtida nun exame sobre os temas 4, 6 e 7 da materia.

Nesta modalidade un alumno estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5 .

En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por non seguir a avaliación continua, o exame de recuperación será sobre todos os contidos da materia, non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua e será puntuado entre 0 e 10. Un alumno estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

4. Nota de Non Presentado

Un alumno considerarase Non presentado se non se apuntou á evaluación continua e non se presentou a ningún dos exames finais (o de fin de cuadrimestre e o de recuperación).

5. Código ético

En caso de detección de copia ou utilización de aparellos electrónicos non autorizados nalgunha das probas a cualificación será de 0 puntos en dita proba. Ademais, os profesores informarán da incidencia á dirección da Escola para que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000