Presentacións/exposicións |
Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 persoas (segundo o criterio do profesor), exporán no laboratorio as principais decisións de deseño e detalles da implementación do proxecto proposto nas clases de grupo C, e amosarán ademáis o seu funcionamento en tempo real. O obxectivo é discutir as ventaxas e limitacións de cada modelo, fomentando o debate sobre a proposta de cada grupo.
Mediante esta metodología avaliaranse as competencias CG3, CG6 e CT3. |
Proxectos |
Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 persoas (segundo o criterio do profesor), implementarán o proxecto proposto nas clases de grupos C. O obxectivo é promover a discusión colectiva co fin de identificar os puntos clave que deberán traballarse no deseño e implementación de cada proxecto. Os alumnos combinarán o traballo presencial no laboratorio co traballo individual.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse as competencias CG3, CG6 e CT3. |
Prácticas en aulas de informática |
No laboratorio, o profesor exporá prácticas nas que se abordarán os principais conceptos da materia, facendo especial fincapé nas posibles aplicacións no campo da TV Dixital Terrestre e a Televisión IP. As dúbidas xurdidas durante o traballo autónomo dos alumnos no laboratorio permitirán fomentar o debate do grupo a fin de acordar a mellor forma de resolver cada problema exposto.
Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CE84, CG3 e CG6. |