Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Servizos multimedia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso en que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a planificación da materia consistirá no seguinte:

- Sesións A: impartiranse clases síncronas semanalmente a través do Campus Remoto. As dúbidas dos alumnos atenderanse por dous medios: (i) foros de consultas a través de FaiTIC para dar maior visibilidade ás respostas do docente en relación ás preguntas formuladas por cada estudante, e (ii) tutorías no despacho virtual do Campus Remoto, concertando para iso cita previa.

- Sesións B: impartiranse clases síncronas semanalmente a través do Campus Remoto. As dúbidas relacionadas coa parte práctica atenderanse a través dos foros de consulta de FaiTIC e das tutorías virtuais.

- Sesións C: concertaranse sesións virtuais con cada grupo de traballo para poder revisar as funcionalidades propostas en cada proxecto e tecnoloxías adoptadas para a súa implementación.

A avaliación virtual da materia rexerase polas condicións descritas na apartado "Avaliación" da presente guía docente, incluíndo o mesmo número de probas e idéntica ponderación. Organizarase como segue:

- Sesións A: a proba teórica (tanto de avaliación continua como de avaliación única) realizarase virtualmente nas datas aprobadas polo Centro, utilizando as ferramentas facilitadas pola Universidade de Vigo.

- Sesións B: as prácticas propostas nas horas B corrixiranse a través de sesións virtuais no Campus Remoto.

- Sesións C: a presentación final do proxecto, incluíndo deseño, detalles de implementación e proba de funcionamento realizaranse virtualmente coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000