Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Acústica avanzada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados O alumno debe desenvolver e presentar un informe final de dous proxectos que se exporán ao longo da materia:
1. Deseño dun difusor para optimizar o diagrama de radiación dun altofalante.
2. Deseño e cálculo do illamento acústico nun edificio.
Prácticas en aulas de informática O estudante traballará con diferentes paquetes de software relacionados coa resolución de problemas acúticos mediante métodos numéricos:
1. CAD e maiado de xeometrías: FreeCAD e Gmsh.
2. Cálculos de Elementos Finitos : COMSOL.
3. Cálculos de Elemento da fronteira:OpenBEM.
4. Cálculos en acústica na edificación.
Estudos/actividades previos Estudo por parte do alumno de material previo para a comprensión das clases maxistrais e preparación de proxectos.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000