Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Acústica avanzada
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Nesta materia prantease unha planificación PREVENTIVA, máis que REACTIVA, para evitar que no caso eventual de declaración dun estado de alerta supoña unha alteración importante da materia.
Ademais é de prever que, a título individual, algún alumno ou algún dos profesores puidesen verse obrigados a manterse en corentena, ben por contaxio ou por contacto con algún positivo de COVID. Por tanto proponse:

METODOLOXÍAS DOCENTES:

1. Manterase sempre todo o material docente dispoñible na plataforma en liña da materia (FAITIC).
2. A plataforma FAITIC será o mecanismo de comunicación de incidencias, tanto a nivel particular como colectivo. Nela publicarase, si é necesario, un protocolo de actuación concreto ante algunha emerxencia concreta.
3. Facilitarase, no caso de ser necesario, acceso temporal a unha licenza COMSOL para que os alumnos (ou algún alumno en particular) poidan realizar as prácticas de forma remota en caso de confinamento/corentena.

AVALIACIÓN:

As probas que requiran presencialidade (probas escritas e presentación de traballos) realizaranse de forma en liña. En todo caso, calquera alumno afectado a título individual por un confinamento terá a posibilidade de realizar avaliación en liña aínda que se manteña a presencialidade da proba.

Os detalles específicos sobre datas e metodoloxía de avaliación en liña publicaranse con antelación na plataforma de teleensino (FAITIC).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000