Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Dispositivos optoelectrónicos
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer os principios de funcionamento dos diferentes dispositivos optoelectrónicos. Capacidade para deseñar circuítos básicos de control de dispositivos fotoemisores. Capacidade de deseñar circuítos básicos de fotodetección. Coñecer a arquitectura e modo de funcionamento dos visualizadores. Coñecer a arquitectura e características dos sensores de imaxe.
saber facer
A69
Coñecer os diferentes tipos de sensores optoelectrónicos e as súas aplicacións. Capacidade para adquirir, acondicionar e procesar a información obtida a partir de sensores optoelectrónicos
saber facer
A70
Adquirir habilidades para elixir os dispositivos optoelectrónicos máis adecuados para cada aplicación. Capacidade para integrar os dispositivos e sensores optoelectrónicos en sistemas de procesado de información
saber facer
A1
Capacidade para analizar as follas de características e comparar diferentes tipos de dispositivos ou sensores optelectrónicos. Capacidade para deseñar sistemas optoelectrónicos axustados aos estándares de comunicacións, seguridade ou protección ambiental.
saber
A6
Capacidade de utilizar ferramentas de deseño asistido por computador que faciliten o deseño de sistemas electrónicos baseados en dispositivos optoelectrónicos
saber facer
B4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000