Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Deseño de aplicacións con microcontroladores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos/as terán que entregar unha memoria que corresponda ó proxecto asignado. O profesor/a valorará ademáis o traballo individual de cada alumno durante as horas presenciais. Avalíanse as competencias CE58 e CE59. 40 C58
C59
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba do primeiro parcial de teoría, realizado na aula. Avalíase a competencia CE58. 20 C58
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba do segundo parcial de teoría. Avalíase a competencia CE58. 20 C58
Práctica de laboratorio As actividades desenvolvidas de forma independente durante as prácticas integraranse e evaluaranse no contexto do proxecto tutelado. Avalíanse as competencias CE58 e CE59. 20 C58
C59
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos, a elaboración dun proxecto. A docencia impártese en castelán e en galego. O enunciado das probas será en castelán.

O primeiro parcial é liberatorio. Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10. O conxunto dos exames teóricos teñen un peso do 40% no total da materia.

Ó rematar o cuadrimestre, os alumnos/as que teñan superado o primeiro parcial examinaranse soamente dos contidos do segundo parcial que terá lugar na data e hora fixada pola Escola.

Cando un alumno/a realiza o primeiro exame parcial considérase que opta pola opción de avaliación continua e, a partires dese momento, constará como presentado na convocatoria.

Os proxectos avalíanse baseándose na memoria que os alumnos/as entregan ó finalizar a materia (40%) e na valoración por parte do profesor do traballo individual desenvolvido (60%). O peso sobre a nota final é dun 60%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba e do proxecto.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:

CG = 0,4 * CT +  0,4*CP (1)

CT = nota de teoría, CP = nota do proxecto.

No caso de non superar algunha das probas ou o proxecto a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4.5, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (1)

Segunda Oportunidade: ten o mesmo formato ca primeira oportunidade, os alumnos/as deben repetir os exames e a entrega do proxecto.

AVALIACIÓN ÚNICA (E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA):

Os alumnos/as que non participen na avaliación continua, avalliaranse mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos/as de avaliación continua que non superaron o primeiro parcial.

A avaliación da parte práctica da materia realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 50%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de polo menos 5, na seguinte fórmula:

CG = 0,5 * CT + 0,5*CP  (2)

CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas.

No caso de non superar algunha das probas, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4,5, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (2)

NOTA IMPORTANTE:

Os alumnos/as que non participen no proceso de avaliación continua, e prefiran optar pola avaliación única, deben inscribirse para poder asistir, contactando co profesorado da materia mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000