Sesión maxistral |
<br> Os estudantes terán ocasión de acudir ás tutorías personalizadas no despacho dos profesores no horario que estes establecerán para ese efecto a principio de curso, e que se publicará na páxina web da materia. Nas ditas tutorías, resolveranse as dúbidas xurdidas aos estudantes sobre:
Os contidos impartidos nas sesións maxistrais, con orientacións de como abordar o seu estudo.
O desenvolvemento das prácticas de laboratorio e o software empregado.
Os problemas e/ou exercicios propostos e resoltos na aula así como doutros problemas e/ou exercicios que poidan aparecer ao longo do estudo da materia. |
|