Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de navegación e comunicacións por satélite
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Os alumnos realizan prácticas de laboratorio nas que traballan cos conceptos abordados nas clases teóricas.


As prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. A nota final é individual e avaliará a participación dos alumnos nas prácticas, así como o informe final de carácter individual.

Nalgunhas prácticas realizaranse unha proba individual.
40 B3
B4
C67
C68
D3
Prácticas de laboratorio Cada estudante realizará prácticas de campo. A avaliación se realizará por medio dun informe.

As prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. A nota final é individual e avaliará a participación dos alumnos nas prácticas, así como o informe final de carácter individual.

Nalgunhas prácticas realizaranse unha proba individual.
10 B3
B4
C67
C68
D3
Traballos tutelados Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do traballo e interacción entre o grupo.

As prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. A nota final é individual e avaliará a participación dos alumnos nas prácticas, así como o informe final de carácter individual.

5 B3
B4
C67
C68
D2
D3
Probas de resposta curta Un exame final para avaliar os contidos presentados nas clases teóricas.

O exame será individual e de duración limitada.
45 B2
B3
B4
C67
C68
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao cometo do curso o alumno debe escoller o método de avaliación: exame final ou avaliación continua.

Idioma de impartición: Inglés.

Toda a documentación do curso realizarase en inglés, así como as presentacións.

A avaliación de informes e prácticas realizarase igualmente en inglés.

O último exame pódese responder en inglés, galego ou castelán.

A materia será avaliada a través dun dos seguintes mecanismos:

Exame final:

O exame incluirá preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario para aprobar o exame obter un 5 sobre 10.

Avaliación continua (os estudantes que escollan este método non poderán presentarse ao exame final na primeira convocatoria). A materia será avaliada ao longo de todo o curso:

Prácticas en aulas de informática: cada estudante realizará diferentes prácticas. A súa avaliación terá un peso dun 40% na nota final.

Traballos tutorizados: cada estudante realizará en diferentes traballos tutorizados que se proporán ao longo do curso. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso dun 5% na nota final.

Prácticas de laboratorio: cada estudante realizará diferentes prácticas de laboratorio. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso dun 10% na nota final.

Proba de resposta curta: este exame será a última proba da avaliación continua, e terá un peso do 45% da nota final.

Exame de recuperación: o estudante realizará un exame que incluirá cuestións e/ou problemas relacionados cos contidos impartidos nas sesións maxistrais, as prácticas nas aulas de informática, as prácticas de laboratorio e os traballos tutorizados (100% da nota final). Opcionalmente, os alumnos poderán realizar unicamente un exame parcial sobre a materia impartida nas sesións maxistrais (45% da nota final).

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000