Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de navegación e comunicacións por satélite
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliaranse a través das prácticas de laboratorio, os traballos tutelados e as probas de resposta curta. 0
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán 3 prácticas con diferentes apartados onde se traballarán os conceptos estudados nas clases teóricas.

Nestas prácticas avaliaranse as competencias A76, A77, A3 e A4
40
Traballos tutelados Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do traballo e interacción entre o grupo.

Nestos traballos avaliaranse as competencias A76, A77, A3 e A4
15
Probas de resposta curta Tres tests de avaliación sucesivos para o contido total da materia impartida no curso. As probas serán individuais e de tempo limitado.


Nestas probas avaliaranse as competencias A76, A77, A2, A3 e A4
45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto a documentación como as presentacións estarán en Inglés. Os estudantes poderán responder o exame (escrito en inglés), en Inglés ou en calquera idioma oficial da Universidade de Vigo (Castelán e/ou Galego).

A materia avaliarase a través dos seguintes mecanismos:

  • Cuestionarios: ao longo do curso realizaranse 3 cuestionarios que en total terán un peso total do 40%. 
  • Prácticas de Laboratorio: cada alumno deberá realizar tres prácticas en Matlab cun peso total do 40%.
  • Entrega de informes relativos aos traballos de aula: cada alumno entregarán dous traballos sobre os traballos propostos que terán un peso total do 20%.


Avaliación contínua (EC): todos os alumnos seguirán exclusivamente o procedemento de avaliación contínua con carácter obrigatorio onde se irá liberando materia da materia a través de cuestionarios e entrega de informes de prácticas e traballos de aula ao longo do curso.

Recuperación ao final do curso: o alumno deberá realizar un exame teórico que substitúe aos cuestionarios realizados ao longo do curso, ademais de entregar as prácticas e os traballos equivalentes aos que se realizou como parte da EC.

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000