Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Sistemas de navegación e comunicacións por satélite
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== CAMBIOS CONSECUENCIA DUN CAMBIO FORZOSO A UN TRABALLO REMOTO==

GRUPO A

* Metodoloxías de ensino modificadas

Poderían reforzarse coa metodoloxía de aprendizaxe inverso.

* Planificación modificada

Non se contempla ningunha modificación da planificación.

* Probas modificadas

Non se contempla ningunha modificación das probas. As probas realizaranse en casa.

GRUPO B

* Metodoloxías de ensino modificadas

Poderían reforzarse coa metodoloxía de aprendizaxe inverso.

* Planificación modificada

Para a actividade de laboratorio de GPS, a medición dos sinais de datos de GPS utilizando o equipo de laboratorio substituirase mediante a recopilación de datos mediante aplicacións gratuitas de IOS e Android.

A visita á estación terrestre durante a operación dun satélite será substituída por unha clase remota, incluída a operación remota do satélite utilizando unha VPN para acceder ao software do segmento terrestre.

Para a actividade de GNURadio, a simulación usará datos pregrabados en lugar de usar datos recolleitos directamente durante un pase dun satélite NOAA. Para a simulación do protocolo AX.25, os transceptores de radio serán simulados por un bloque GNU representativo ou por datos pregrabados.


* Probas modificadas

Non se contempla ningunha modificación das probas. As probas realizaranse en casa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000