A lingua da materia é o inglés. As probas, informes e exames serán en inglés. Os alumnos/as poden optar por avaliación continua ou por un exame final. 1.- As probas de avaliación continua permítenlle ao alumno/a obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en: 1.1. Catro probas de resposta curta, cun 10 % da nota total cada unha (40 %). 1.2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas (35 %). 1.3. Avaliación dos traballos tutelados (15 %) 1.4. Presentación dos traballos (7 %) 1.5. Traballo autónomo (3 %)
As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno/a suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das catro probas de resposta curta. Un alumno/a que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que realice ou non o exame final. Se un alumno/a, que se presenta á avaliación continua, opta por realizar o exame de avaliación única, a nota final da materia será a media de ambas.
2.- O exame de avaliación única consta de dez preguntas. Pode realizarse dúas veces, en primeira e segunda oportunidade. Os lugares a as datas publícanse na páxina web da Escola. Pode preguntarse calquera contido explicado nas clases de aula, laboratorio ou presentacións de proxectos. Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo procedemento ca na avaliación única. Código ético Os exames e os tests deben realizarse individualmente. Calquera infracción considerarase como unha falta de ética importante e seralles comunicada ás autoridades académicas. Os profesores/as poderán decidir suspender un alumno/a se comete unha falta ética importante. |