Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas de resposta curta:
Haberá catro probas, as semanas 3, 6, 8 e 10, de 5-10 minutos de duración, liberatorias das materias dos temas anteriores

Nestas probas curtas avaliaranse as competencias A74, A75, A3 e A7
40
Prácticas de laboratorio Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Calibración de sensores": 5%
2. "Termografía infravermella": 10%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias A75, A4 e A9
15
Prácticas en aulas de informática Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Fundamentos de RADAR": 7%
2. "Procesado de imaxes": 13%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias A74 e A4
20
Traballos tutelados A realización dos traballos en grupos avaliarase en dous partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.

Polo traballo en si, recibirán un 15% da nota

Nestes traballos avaliaranse as competencias A75, A7 e A9
15
Presentacións/exposicións Presentacións dos traballos por parte dos grupos

Na presentación dos traballos avaliarase a competencia A9
5
Prácticas autónomas a través de TIC Os alumnos presentarán ao profesor os resultados do seu traballo autónomo:
1. "A Terra desde o aire/espazo": 3%
2. "RADAR activo de microondas": 2%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias A74 e A4
5
Probas de resposta curta O exame final, en caso de ter que facelo, constará de 10 cuestións de resposta curta, con preguntas relacionadas coas clases de aula, de laboratorio e as presentacións dos traballos, e valerá polo 100% da nota da materia. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tódalas probas serán en inglés.

As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1. Catro probas de resposta curta, cun 10% da nota total cada unha, sumando un 40%.

2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas, que suman outro 40%

3. Avaliación dos traballos tutelados (15%) e da presentación dos mesmos (5%)

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta e a dúas prácticas de laboratorio. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.

Se un alumno, presentándose a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas.

Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo,o alumno que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame final é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro (ou Xullo, no caso do examen extraordinario), e ao que deben asistir obrigatoriamente aqueles alumnos que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia. O exame final constará de dez cuestiones breves relacionadas cos contidos das clases de aula, de laboratorio, e as presentacións dos traballos grupais.


O exame da convocatoria extraordinaria terá unha estrutura similar ao exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000