Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Materias
Laboratorio de proxectos
Avaliación
Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións (eng-gal) A nota final basearase en:

1. Recomendacións dos titores.

Para un seguimento adecuado do desenvolvemento de proxecto, os profesores poden solicitar diferentes tipos de evidencias, orais e/ou escritas, incluindo informes parciais e/ou finais. Cada parella de titores entregará unha recomendación xustificada aos membros do comité avaliador sobre a metodoloxía de traballo do equipo e o rendemento dos seus membros na consecución dos obxectivos do proxecto.

Aquí serán avaliadas as competencias A1, A6, A7, A8, A9, B2, B3, A63, A64, A65, A66.

2. Avaliación polo comité da presentación final e o turno de debate posterior. Os estudantes deberán entregar o material complementario polo menos con tres días de antelación (informe, diapositivas ou algún outro) para axudar a avaliar o seu traballo. Os membros da comité de avaliación serán os profesores dos ECTS tipo A da asignatura, sempre que non estean implicados na supervisión de ningún proxecto. Noutro caso, naqueles proxectos en conflicto se requerirá a axuda dalgún outro profesor da asignatura.

Aquí serán avaliadas as competencias A9, B3, A64.

Como principio xeral, a nota será única para o grupo enteiro. Excepcionalmente, aqueles alumnos que non respondan ás expectativas da asignatura e non contribúan ao esforzo colectivo do grupo poden levar unha nota diferente.
100

Outros comentarios sobre a Avaliación

(eng-gal) As presentacións finais poderán realizarse en galego, español ou inglés. Aqueles grupos que non consigan a nota mínima para aprobar a asignatura  terán algunhas  semanas adicionais ata  a data da segunda convocatoria para defender o seu proxecto de novo.  Se o rendemento dun estudante dado é inferior ao dos seus compañeiros, e como resultado non supera a asignatura, deberá mostrar na segunda convocatoria un dominio completo do proxecto desenvolvido polo seu grupo, xunto con suficientes contribucións adicionais de seu.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000