Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de proxectos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias (eng-gal) Haberá algunhas clases iniciais con pistas prácticas en habilidades como presentación oral e escrita, solución de problemas ou traballo en equipo.
Proxectos (eng-gal) Isto é o núcleo do curso: o equipo de estudantes ten que abordar un proxecto inicialmente proposto por dous profesores. Durante a duración da asignatura os compoñentes do equipo deberán cooperar para acadar os obxectivos do proxecto; como supervisión contarán cunha hora semanal cos dous ou alomenos un dos titores. Tódolos membros do grupo teñen que ser capaces de defender o seu proxecto ao final do curso nunha presentación oral.
Presentacións/exposicións (eng-gal )Cada equipo ten que facer unha presentación oral final do seu proxecto, cunha duración máxima de 20
minutos. A presentación pode ser feita por un ou máis membros do equipo, e ten que incluír
evidencias que ilustren o traballo realizado e os resultados acadados. Ao final da
presentación todos os membros teñen que estar dispoñíbeis para o turno de preguntas. O material de apoio da presentación
(informes, diapositivas ou algún outro) ten que porse a disposición do comité avaliador con alomenos tres días de antelación

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000