Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Xestión e dirección tecnolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame 40 B7
B8
C54
C55
C56
C57
Aprendizaxe baseado en proxectos Defensa individual ante comité 40 C55
C56
C57
Prácticas con apoio das TIC Seguimento de resultados parciais e exame 20 C55
C56
C57
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE con AVALIACIÓN CONTINUA:

· Proba escrita individual (máximo 4 puntos). Calendario oficial.

· Proba intermedia práctica (máximo 1.5 puntos).

· Proxecto para entregar ao final do cuadrimestre (máximo de 3.5 puntos).

· Participación en clase (máximo de 1 punto).

Para superar a materia o alumno debe obter unha puntuación total (resultante da suma das actividades puntuables) superior a 5 puntos. A nota máxima será de 10 puntos. Para aprobar a asignatura é necesario obter alomenos un 1/4 na proba escrita individual.

O proxecto realizarase en grupos de 5-6 persoas. particularizarase por alumno a partir da interacción co profesor nas horas B e a parte da presentación pública do proxecto que lle corresponda ao citado alumno.

SEGUNDA OPORTUNIDADE con AVALIACIÓN ÚNICA:

Consistirá nun exame individual con partes teórica e práctica na data oficial. A parte práctica cubrirá os mesmos contidos ca avaliación continua ao longo do cuadrimestre.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000