Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Cada grupo de traballo entregará o proxecto da materia durante a penúltima semana do período docente. A entrega constará do deseño, implementación e documentación. Despois da entrega do proxecto, realizarase unha proba práctica sobre o proxecto implementado por cada un dos grupos (última semá de clase).
COMPETENCIAS: A4, A5, A41
20
Presentacións/exposicións Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto. A presentación realizarase a última semana do período docente cos profesores da materia.
COMPETENCIAS: A4
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dos probas prácticas individuais nas semanas 5 e 8 do período docente. Cada alumno realizará un exercicio que demostre a súa competencia do uso das tecnoloxías da materia nunha contorna práctica.
COMPETENCIAS: A5, A38
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito e individual, realizado na data indicada no calendario oficial de exames. A proba será unha combinación dos seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados en clase, xustificar razonadamente si unha ou varias afirmacións son verdadeiras ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite a utilización de apuntes, libros nin coleccións de problemas. O número e a combinación de devanditas preguntas fixarase para cada exame en particular.
COMPETENCIAS: A38, A41, A3
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da
materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben un exame final.

AVALIACIÓN CONTINUA

A AVALIACIÓN
CONTINUA consiste nos apartados mencionados previamente. O alumno opta pola
avaliación continua na semana 7, tras os duos primeiros puntuables da materia.
Momento no que se crean os grupos de traballo para o desenvolvemento do proxecto
da materia, a partir dese momento a súa nota nunca poderá ser "non
presentado".

A puntuación máxima de cada unha das actividades en evaluación continua é a seguinte:

  • Proba escrita individual (calendario oficial): Máximo 5 puntos.
  • Proba intermedia I: Proba Práctico ( Máximo 1 punto ).
  • Proba intermedia II: Proba Práctico ( Máximo 1 punto ).
  • Proxecto : Deseño , implementación e implantación (Máximo de 3 puntos).

Para a superación da materia o alumno debe obter un mínimo de 2 puntos na "Proba Escrita Individual" (1); un mínimo de dos puntos no resto de probas (2,3,4); e unha puntuación total (resultante da suma das actividades puntuables) superior a 5 puntos. A nota máxima será de 10 puntos.

EXAME FINAL

A avaliación
mediante un EXAME FINAL constará das seguinte partes (as probas non
poderán ser recuperables):

  1. Proba escrita: Ata un máximo de 5 puntos e requirirase unha puntuación mínima de 2,5
    puntos.
  2. Proxecto individual: Entregado a última semana de docencia.
    Este constará de deseño, implementación  e documentación. A avaliación desta proba suporá ata un máximo de 2 puntos.
  3. Proba práctica: No laboratorio. A avaliación desta
    proba suporá ata un máximo de 3 puntos  e requirirase unha
    puntuación mínima de 1,5 puntos.

En calquera caso, a materia considerarase
superada se o alumno obtén as cualificacións mínimas tanto no exame escrito como no exame práctico e unha puntuación total (resultado da suma dss obtidas nos apartados 1, 2 y 3)  igual ou
superior a  5 puntos.

AVALIACIÓN FIN DE CURSO

Para a avaliación FIN DE CURSO,  non rexe a avaliación continua,
polo que todos os alumnos acolleranse á
modalidade de exame final tal e como se describiu anteriormente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000