Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clases que combinarán a exposición dos conceptos a tratar na materia coa realización de pequenos exercicios. Estes poderán ser resoltos polo docente ou polos propios alumnos individualmente e/ou en grupo. O obxectivo é fomentar o debate na clase e reforzar a adquisición de destrezas.
COMPETENCIAS: A3, A41, A38
Prácticas en aulas de informática Durante todo o curso se utlizaranse as prácticas no laboratorio para o desenvolvemento de pequenos prototipos que permitan materializar os conceptos fundamentais da materia.
COMPETENCIAS: A4, A6
Resolución de problemas e/ou exercicios No laboratorio ou no aula, o profesor suscitará pequenos retos que serán resoltos colectivamente para que se poidan debater os conceptos, as diferentes opcións de resolución e que os alumnos adquiran as destrezas obxectivo da asignatura.
COMPETENCIAS: A3, A4.
Obradoiros Os obradoiros dedicaranse á discusión de escenarios reais e ao seguimiento do proxecto da materia.
COMPETENCIAS: A4, A6
Proxectos Os alumnos, organizados en grupos, desenvolverán unha solución a un sistema software cuxos requisitos estableceranse na semana 9 do período lectivo. O seguimiento do proxecto realizarase utilizando os obradoiros.
COMPETENCIAS: A38, A41
Presentacións/exposicións Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto. A presentación realizarase a última semana do perídodo docente cos profesores da materia.
COMPETENCIAS: A4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000