Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame parcial sobre parte dos contidos da materia. Cuestións e problemas de carácter conceptual, lóxico, analítico ou aplicado. Exercicio escrito dunha hora de duración. Avalíanse as competencias A3, A6 e A39. 20
Traballos e proxectos Avaliación da funcionalidade e prestacións da centralita telefónica IP configurada polo alumno durante o curso. Avalíase a competencia A42. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame dos contidos da materia. Cuestións e problemas de carácter conceptual, lóxico, analítico ou aplicado. Exercicio escrito de dúas horas de duración. Avalíanse as competencias A3, A6 e A39. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

A avaliación continua consistirá na realización de dúas tarefas intermedias: un exame parcial ao redor da semana 5 do cuadrimestre (20% da nota final) e un proxecto consistente na configuración dunha centralita telefónica IP básica ao redor da semana 11 do cuadrimestre (20% da nota final), xunto coa realización dun exame escrito ao término do cuadrimestre (60% da nota final). As tarefas intermedias non son recuperables e só serán válidas para o curso actual.

Os alumnos poden optar por ser evaluados mediante un único exame escrito sobre os contidos da materia ao término do cuadrimestre. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame.

Considerarase que un alumno opta pola avaliación continua se se presenta ao exame parcial ou entrega o proxecto proposto. Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que opten pola avaliación continua ou que se presenten ao exame final. O exame final poderá conter varias cuestións adicionais para aqueles alumnos que opten pola evaluación única ao final do cuadrimestre.

No caso de detección de plaxio nalgunha das tarefas encomendadas (exame ou proxecto), a calificación final da materia será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da Escola o incidente para que tome as medidas oportunas.

Aqueles alumnos que non aproben a materia despóis da primeira oportunidade ó rematar o cuadrimestre deberán realizar un exame escrito ó remate do curso académico. Se o alumno optou pola avaliación continua durante o curso, agora poderá elixir entre a avaliación única mediante o exame escrito ou ben manter a avaliación continua. Neste último caso, manteríanselle as notas obtidas nas dúas tarefas intermedias (exame parcial e proxecto) e só tería que realizar o exame escrito como última tarefa. O alumno poderá indicar cal destas dúas opcións elixe o mesmo día do exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000