Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teoría de redes e conmutación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Realización en grupo, presentación e defensa da resolución dun problema característico do mundo real, aplicando tanto os coñecementos teóricos adquiridos como manexando, no seu caso, as ferramentas informáticas empregadas nas clases prácticas. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final realizada sobre o total dos temas. 50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba parcial realizada sobre os dous primeiros temas, ó redor da oitava semana de clase. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única.

Para a superación da materia tanto en avaliación continua como en avaliación única, haberase de entregar e superar a corrección das prácticas propostas para as horas B da materia.

Asemade a selección da avaliación continua implica realizar un test curto (15 minutos) non puntuable de coñecementos básicos, proba que se realizará na segunda semana da impartición da materia en horas A. A avaliación continua consistirá, ademais da realización do test curto non puntuable, no desenvolvemento en grupo de dous proxectos (cada un a metade da nota de proxectos), unha proba parcial sobre os dous primeiros temas, e a realización dun exame escrito ó termo do cuadrimestre sobre o total dos temas. Os enunciados coa especificación dos proxectos propoñeranse antes de acabar as clases dos temas respectivos. Para ser obxecto de cualificación, os proxectos han de entregarse nun prazo non menor a 7 días naturais trala correspondente clase C de debate co profesor sobre o progreso do mesmo; o profesor cualificaraos nun prazo de 7 días naturais trala súa entrega. A cualificación dos proxectos e da proba parcial só fornece efectos no curso en que se propoñan, incluíndo a segunda oportunidade ó final do curso. En calquera caso, a cualificación mínima na materia por avaliación continua (unha vez que se cumpran o requisito previo do segundo parágrafo e o do principio deste) virá dada polo resultado na proba final: nota = máximo (final, 0'2 x proxectos + 0'3 x parcial + 0'5 final)

A avaliación única consistirá nun exame escrito sobre os contidos da materia. A cualificación final da materia (unha vez que se cumpran o requisito previo do segundo parágrafo) será, neste caso, a nota obtida no exame.

Consideraranse presentados á avaliación tódolos alumnos que asistan á proba parcial ou que asistan ó exame final. O modo de avaliación (continua ou única) elixirase no acto do exame, cos correspondentes enunciados distintos para cada tipo de avaliación. Quen non superen a materia na primeira oportunidade ó final do cuadrimestre dispón dunha segunda oportunidade ó final do curso, similar  á primeira: O modo de avaliación (continua ou única) elixirase no acto do exame, exercicio cun enunciado distinto para cada tipo de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000