Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de son
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados A avaliación do traballo en equipo realizarase a través da recollida de evidencias e/ou probas de coñecementos durante a súa realización, tanto a nivel de grupo como persoal, a entrega dunha memoria cos resultados e unha presentación e/ou proba de coñecementos sobre o traballo realizado. Na súa valoración terase en conta o traballo realizado e a comprensión dos conceptos a nivel de grupo e a nivel persoal.
A entrega do informe final destes traballos será en torno á semana 14 do cuadrimestre. A data definitiva será comunicada ao alumno ao comezo do mesmo. Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima no traballo tutelado tal e como se describe no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria".
Para a avaliación dos traballos tutelados terase moi en conta o nivel de competencia amosado polo alumno en CG4.1, CG4.2 e CG6 , ademais dalgúns aspectos das competencias SI1.2, SI4.4 e/ou SI5.1.
50
Probas de resposta curta Exame final onde se lle preguntan ao alumno diversas cuestións de acordo cos contidos impartidos na materia. Non se fará ningunha distinción entre os diversos contidos impartidos, independentemente da metodoloxía empregada (sesións maxistrais, prácticas,...). Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima no exame tal e como se describe no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria".
O exame está principalmente enfocado a avaliar as competencias SI1.2, SI4.4 e SI5.1, aínda que pode cubrir tamén algúns ou todos os aspectos das competencias CG4.1, CG4.2 e CG6 (capacidade de resolver cuestións, transmitir coñecementos, etc.)
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación proposto anteriormente aplicarase aos alumnos que se decidan polo procedemento,
recomendado, de avaliación continua (A.C.). Con obxecto de non prexudicar aos seus posibles compañeiros de grupo, o alumno terase que decidir nun breve prazo que lle indicará o profesor, contemplándose a título orientativo as dúas primeiras
semanas de clase do cuadrimestre. No caso de alumnos que opten por realizar unicamente o exame final, este suporá
un 100% da nota. No entanto, estes alumnos terán que responder a unha serie de preguntas adicionais
relacionadas cos traballos tutelados que demostren que adquiriron as mesmas competencias que os alumnos que
opten por A.C.

Na segunda convocatoria realizarase unicamente un exame final, aínda que o alumno que realice a A.C. poderá
optar por manter a nota obtida nesa parte en lugar de resolver as cuestións, relacionadas cos traballos
tutelados, que lle indicará o profesor.

A avaliación das competencias da materia queda cuberta polo conxunto do traballo tutelado e o exame final. Aínda que non hai competencias exclusivas de cada unha destas partes, pódese considerar que no traballo tutelado as competencias CG4.1, CG4.2 e CG6 teñen máis peso que no exame escrito.

Co obxecto de garantir que os alumnos adquiren un mínimo, máis ou menos equilibrado, das competencias da materia, para aprobar será necesario obter unha nota final igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10) e unha nota igual ou superior a un 4 (na mesma escala) tanto no traballo tutelado  como no exame final. No caso en que o alumno non teña nota de traballo tutelado, ou renuncie a ela na convocatoria de xullo, a nota obtida no grupo de cuestións do exame relativas ao traballo tutelado considerarase como a nota de traballo tutelado e a nota obtida no grupo de cuestións restantes como a nota do exame final. A nota final obterase como a suma das notas que cheguen a un 4, e dividindo o resultado da suma por dous.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000