Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de son
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados A avaliación do traballo en equipo realizarase a través da recollida de evidencias e/ou probas de coñecementos durante a súa realización, tanto a nivel de grupo como persoal, a entrega dunha memoria cos resultados e unha presentación e/ou proba de coñecementos sobre o traballo realizado. Na súa valoración terase en conta o traballo realizado e a comprensión dos conceptos a nivel de grupo e a nivel persoal.
A entrega do informe final destes traballos será en torno á semana 14 do cuadrimestre. A data definitiva será comunicada ao alumno ao comezo do mesmo.
50
Probas de resposta curta Exame final onde se lle preguntan ao alumno diversas cuestións de acordo cos contidos impartidos na materia. Non se fará ningunha distinción entre os diversos contidos impartidos, independentemente da metodoloxía empregada (sesións maxistrais, prácticas,...) 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación proposto anteriormente aplicarase aos alumnos que se decidan polo procedemento,

recomendado, de avaliación continua (A.C.). Con obxecto de non prexudicar aos seus posibles compañeiros de grupo, o alumno terase que decidir nun breve prazo que lle indicará o profesor, contemplándose a título orientativo as dúas primeiras

semanas de clase do cuadrimestre. No caso de alumnos que opten por realizar unicamente o exame final, este suporá

un 100% da nota. No entanto, estes alumnos terán que responder a unha serie de preguntas adicionais

relacionadas cos traballos tutelados que demostren que adquiriron as mesmas competencias que os alumnos que

opten por A.C.

Na segunda convocatoria realizarase unicamente un exame final, aínda que o alumno que realice a A.C. poderá

optar por manter a nota obtida nesa parte en lugar de resolver as cuestións, relacionadas cos traballos

tutelados, que lle indicará o profesor.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000