Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Son o comezo dos traballos tutelados. Non teñen nota asignada porque se avaliarán implícitamente a través dos informes de prácticas.
0 B3
B10
C34
C66
Traballos tutelados Continuación dos traballos comezados na aula de informática. Non teñen nota asignada porque se avaliarán implícitamente a través dos informes de prácticas.
0 B3
B10
C34
C66
Informes/memorias de prácticas Son o resultado final dos traballos tutelados. Para cada traballo establécese unha data límite "branda". Iso significa que se se entrega dentro do primeiro prazo, gáñase o dereito a realizar unha segunda versión (mellora). A segunda versión deberá entregarse nos 10 días seguintes á publicación da nota da primeira versión e deberá ser a mesma memoria máis un anexo que describa as melloras introducidas.
Se non se entrega na primeira data proposta, aínda se poderá entregar, SEMPRE antes da finalización das clases.
Cando un alumno entrega un traballo práctico está a elixir a opción de avaliación continua. Isto significa que a súa nota final será a media das notas de todos os seus traballos. Dependendo dos traballos propostos, os profesores poderán decidir que non todos teñan o mesmo peso na nota final.
Entrega por parellas, idéntica nota a ambos.
80 B3
B10
C34
C66
Probas de tipo test Os alumnos que elixiran evaluación continua deberán realizar esta proba que será o 20% da súa cualificación.
20 B3
B10
C34
C66
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que non entregaron ningún traballo práctico e, polo tanto, non utilizan o procedemento de avaliación continua
deberán realizar un exame de avaliación dos contidos vistos na materia. Realizarase en aula e data aprobada pola xunta de centro. O exame incluirá todos os temas expostos en teoría e tamén os traballos propostos ese ano, podendo preguntarse cuestións sobre a bibliografía adicional recomendada e/ou os métodos que se recomendan para a súa realización.

A evaluación extraordinaria consistirá nun exame final extraordinario, para aqueles alumnos que non superaron a evaluación continua nin o exame final. A nota final da asignatura será a nota do exame final extraordinario en ambos casos. Este exame final extraordinario será calificado entre 0 e 10 puntos e inclúe todos os temas da asignatura (incluíndo os traballos prácticos, igual que o exame ordinario). Para aprobar, o alumno debe obter alomenos 5 puntos.

Nótese que non hai dúas convocatorias, senon que se trata dunha soa, aínda que haxa dous exames finais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000