Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática Son o comezo dos traballos tutelados. Non teñen nota asignada porque se avaliarán implícitamente a través dos informes de prácticas.
Competencias evaluadas: A3, A43, A75, B1, C1, C2, C3, C4.
0
Traballos tutelados Continuación dos traballos comezados na aula de informática. Non teñen nota asignada porque se avaliarán implícitamente a través dos informes de prácticas.
Competencias evaluadas: A3, A43, A75, B1, C1, C2, C3, C4.
0
Informes/memorias de prácticas Son o resultado final dos traballos tutelados. Para cada traballo establécese unha data límite "branda". Iso significa que se se entrega dentro do primeiro prazo, gáñase o dereito a realizar unha segunda versión (mellora). A segunda versión deberá entregarse nos 10 días seguintes á publicación da nota da primeira versión e deberá ser a mesma memoria máis un anexo que describa as melloras introducidas.
Se non se entrega na primeira data proposta, aínda se poderá entregar, SEMPRE antes da finalización das clases.
Cando un alumno entrega un traballo práctico está a elixir a opción de avaliación continua. Isto significa que a súa nota final será a media das notas de todos os seus traballos. Dependendo dos traballos propostos, os profesores poderán decidir que non todos teñan o mesmo peso na nota final.
Competencias evaluadas: A3, A43, A75, B1, C1, C2, C3, C4.
100
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame de avaliación dos contidos vistos na materia.
Realizarano aqueles alumnos que non entregaron ningún traballo práctico e, polo tanto, non utilizan o procedemento de avaliación continua.
Realizarase en aula e data aprobada pola xunta de centro.
O exame incluirá todos os temas expostos en teoría e tamén os traballos propostos ese ano, podendo preguntarse cuestións sobre a bibliografía adicional recomendada e/ou os métodos que se recomendan para a súa realización.
Competencias evaluadas: A3, A43, A75, B1, C1, C2, C3, C4.
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación extraordinaria do mes de Xullo consistirá nun exame final extraordinario, para aqueles alumnos que non superaron a evaluación continua nin o exame final de Maio. A nota final da asignatura será a nota do exame final extraordinario en ambos casos. Este exame final extraordinario será calificado entre 0 e 10 puntos e inclúe todos os temas da asignatura (incluíndo os traballos prácticos, igual que o exame de Maio). Para aprobar, o alumno debe obter alomenos 5 puntos.

Nótese que non hai dúas convocatorias, senon que se trata dunha soa, aínda que haxa dous exames finais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000