Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática Seguimento personalizado do traballo do alumno no laboratorio, con indicación a este da súa evolución. 50
Traballos tutelados Valoración do traballo realizado, do seu contido e da súa presentación. 50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exames de avaliación dos contidos vistos na asignatura. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase na avaliación continua é obrigatoria, salvo circunstancias excepcionais. Utilízase avaliación continua para avaliar a asignatura, baseada no traballo do alumno no laboratorio e os traballos tutelados sobre os contidos da asignatura. Existe un exame final na data oficial marcada en Xunta de Escola no mes de Maio, ao que deben presentarse aqueles alumnos que non superen a avaliación continua e desexen aprobar a asignatura. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da asignatura. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Tamén poderán presentarse os alumnos que desexen mellorar a súa nota de avaliación continua, nese caso a nota deste exame final será a nota final na asignatura. Os alumnos que aproben a avaliación continua e estean satisfeitos coa súa nota non necesitan presentarse a este exame final. Ao longo do cuadrimestre os alumnos irán recibindo información sobre o seu progreso na avaliación continua, e a nota final de avaliación continua comunicarase aos alumnos na última clase presencial, sempre antes deste exame final. A entrega do traballo tutelado, a última semana de clase, suporá a participación oficial na avaliación continua, o cal implica haberse presentado á asignatura aínda que non se realice este exame final.

A avaliación extraordinaria do mes de Xullo consistirá nun exame final extraordinario, para aqueles alumnos que non superen nin a avaliación continua nin o exame final de Maio. A nota final da asignatura será a nota do exame final extraordinario en ambos casos. Este exame final extraordinario será cualificado entre 0 e 10 puntos, e inclúe todos os temas da asignatura. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos.

Nótese que non hai dúas convocatorias, senón que esta é única, aínda que haxa dous exames finais.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000