Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Valoración dun proxecto realizado en grupo ao longo do cuadrimestre, incluíndo a elaboración dunha memoria e presentación pública.
A nota individual correspondente aos traballos en grupo obtense como a suma ponderada de: 1) a nota común do grupo (60%); 2) a nota individual (40%), obtida a partir dun ou varios dos seguintes métodos de avaliación: avaliación cruzada por parte dos demais integrantes do grupo, preguntas orais durante as presentacións dos traballos, preguntas escritas sobre o contido dos traballos.
40 B1
B6
B9
B12
C36
C38
D4
Probas de resposta curta Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas. 50 B1
B6
B12
C36
C38
Informes/memorias de prácticas Valoración do traballo escrito que describe o traballo de varias semanas na aula informática. 10 C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase
ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación:
AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método  recomendado
e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN
NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas
que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan
a continuación nesta guía. Enténdese que se opta pola avaliación
continua unha vez asinado o documento de compromiso que se ofrecerá durante
as semanas 1-3, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos
correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que se presentou á convocatoria e asignaráselle a
cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao
exame final

Tipos e valoración de actividades:

Informes/memorias de prácticas (Peso: 10%): desenvólvese
aproximadamente nas semanas 6 e 11.

Proxectos (Peso 40%): aproximadamente na semana 12

Proba de resposta curta (Peso: 50%): coincide coa data
do exame final da materia. Inclúe todos os temas da materia.

A nota final obtida correspóndese á suma da
puntuación obtida en todas as actividades realizadas. Para aprobar deben obterse, polo menos, 4 puntos en cada actividade de cada tipo e 5 puntos na devandita nota final.

AVALIACIÓN NON CONTINUA

Quen non firme o
documento de compromiso será avaliada/ou a través dun exame final na data
oficial asignada polo Centro. Este exame constará de dous partes, de igual
peso na nota final: unha parte escrita que incluirá como contidos posibles
toda a materia, e unha parte oral relativa aos traballos adicionais que
previamente tería que presentar. Pódese participar se se desexa
nas actividades de Avaliación Continua de grupo B, pero non serán
valoradas. Os traballos adicionais a entregar especificaranse na
semana 6 de clase, e deberán entregarse unha semana antes do exame final.



Para aprobar deben obterse, polo menos, 4 puntos en cada actividade de cada tipo e 5 puntos na nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000