Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Tecnoloxía audiovisual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
No caso de que se suspendan as actividades presenciais na Universidade de Vigo, a súa continuación realizarase da seguinte forma:
* Docencia de grupos A: realizarase a través do campus remoto, gravándose as sesións para que poidan seguirse de forma non síncrona.
* Docencia de grupos B: as prácticas de grupo B adaptaranse, na medida do posible, para que o alumnado poida realizalas de forma individual no seu domicilio.
* Docencia de grupos C: os proxectos de grupo C adaptaranse, na medida do posible, para que o alumnado poida realizalos no seu domicilio.
* Avaliación: a avaliación realizarase nas datas previstas, utilizando o Campus Remoto para supervisión e resolución de dúbidas, e Fatic para entrega de enunciados e recollida de solucións do exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000