Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Semanalmente, o profesorado da materia encargará ao alumnado a execución de tarefas e a entrega do informe de execución. 10 C43
C44
Resolución de problemas e/ou exercicios Forman parte de cada exame parcial. Os exercicios e problemas propostos estarán ligadas aos conceptos teóricos e ás prácticas de laboratorio. O número de probas e normas detállanse en "Outros comentarios". 90 C43
C44
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta materia hai dous modos de avaliar ao alumnado: avaliación continua ou
avaliación por exame final.

1. Avaliación continua.

A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua,
que consiste na execución de tarefas semanais e a realización de probas de avaliación
parciais.

1.1 Tarefas semanais: semanalmente, o profesorado da materia encargará
ao alumnado a execución de tarefas e a entrega do informe de execución. Para
poder aprobar a materia por avaliación continua é obrigatorio realizar e
entregar os informes no prazo fixado polo profesorado. Estas tarefas avaliarán as competencias CE43 e CE44. Pola realización e entrega das tarefas semanais o alumnado poderá obter ata o 10% da
cualificación final.

1.2 Probas de avaliación parciais: realizaranse tres probas de avaliación
parciais escritas, para avaliar a parte teórica e as prácticas de laboratorio.
As probas parciais non se recuperan, é dicir, que se un
alumno non pode asistir o día en que estean programadas, os profesores non
teñen obrigación de repetilas. As cualificacións das probas parciais
serán válidas só para o curso académico en que se realicen. Enténdese que
o alumno opta por avaliación continua se se presenta a algunha das probas
parciais. Desde ese momento considérase presentado á convocatoria. A súa
cualificación será a de avaliación continua. Estas probas avaliarán as competencias CE43 e CE44.

1ª proba parcial: avaliaranse os coñecementos
do alumnado dos contidos teóricos e de laboratorio impartidos ata
a data da proba. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 25% da
cualificación final. A data aproximada para a realización desta proba é
a semana 7.

2ª proba parcial: avaliaranse os coñecementos
do alumnado dos contidos teóricos e de laboratorio impartidos ata
a data da proba que non foron incluídos na primeira proba parcial. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 25% da
cualificación final. A data aproximada para a realización desta proba é
a semana 11.

3ª proba: avaliaranse os coñecementos relativos aos contidos da
materia que non foron incluídos na primeira ou na segunda proba parcial. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 40% da
cualificación final. A data para a realización desta proba será fixada pola
dirección do centro no calendario de exames finais.

2. Avaliación por exame final

O exame final polo que se avalía ao alumnado que non participa na
avaliación continua consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que
avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos contidos da
materia. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 90% da
cualificación final, o 10% restante poderao obter mediante unha entrega única das tarefas semanais que foran propostas a longo do curso. A data para a realización desta proba
será fixada pola dirección do centro no calendario de exames finais. Esta proba avaliará as competencias CE43 e CE44.

3. Exame extraordinario (xuño-xullo)

O exame extraordinario consta de preguntas teóricas, problemas e
exercicios que avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos
contidos da materia. A data para a realización desta proba será
fixada pola dirección do centro no calendario de exames
extraordinarios. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 90% da
cualificación final, o 10% restante poderao obter mediante unha entrega única das tarefas semanais que foran propostas a longo do curso. Esta proba avaliará as competencias CE43 e CE44.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000