Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica analóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Cada alumno ten que entregar unha memoria que corresponda ó traballo asignado. 10
Probas de resposta curta Test do primeiro parcial de teoría, realizado na aula. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios do primeiro exame parcial de teoría. 15
Probas de resposta curta Test do segundo parcial de teoría, realizado nunha aula de exame. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios do segundo exame parcial de teoría. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica única, de tarefas reais e/ou simuladas. Realízase no laboratorio. Está relacionada con as prácticas realizadas. Os alumnos deberán realizar montaxes reais ou simulados, e contestar a preguntas sobre eles. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NOTA: A duración das probas parciais está sometida a posibles cambios, debido as restriccións de tempo. As duración exactas comunicaranse o longo do cuadrimestre.



 


EVALUACION CONTINUA:


 


A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos e un exame único de prácticas de laboratorio.


 


O primeiro parcial é liberatorio, e comprende os temas do un ó cinco. O segundo parcial comprende os temas do seis ó dez. O conxunto dos exames teóricos ten un peso do 60% no total da materia.


 


O primeiro parcial, realizado no horario de clase, ten unha duración aproximada de 90 minutos, dos que 30 corresponden a unha proba de resposta corta, e 60 corresponden ós exercicios.


 


Dentro de cada parcial, a proba de resposta corta e a resolución de exercicios teñen o mesmo peso.


 


Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10.


 


Os alumnos que aproben o primeiro parcial examinaranse soamente dos contidos do segundo parcial, con unha duración de 30 minutos para o test, e 60 minutos para os exercicios.


 


Os alumnos que non aproben o primeiro parcial, realizarán un exame de 3 horas de duración, 30 minutos para cada test e 60 minutos para cada exame de exercicios.


 


As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, realizado no laboratorio, con un peso na cualificación final do 30%.


 


Os traballos tutelados avalíanse en base á memoria que cada alumno ten que entregar ó finalizar a materia, de xeito individual. O peso sobre a nota final é de un 10%.


 


Cando un alumno realiza o primeiro parcial, considérase que opta pola avaliación continua, e a partires de ese momento queda presentado a convocatoria.


 


A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame da convocatoria de Xullo, salvo que o alumno renuncie a mantelo. Neste caso o alumno realizará un exame completo en Xullo, con contidos de teoría e laboratorio.


 


Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) de ó menos 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:


 


CG = 0,6 * CT + 0,3*CP + 0,1*CTT


 


CT = nota de teoría,    CP = nota de prácticas,    CTT = nota do traballo tutelado.


 


A data prevista para o primeiro parcial sitúase na semana sesta. O segundo parcial terá lugar na data e hora fixada pola Escola.


 


O exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, coincidindo coa última sesión de prácticas.


 


EXAMEN FINAL:


 


Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos de avaliación continua que non superaron o primeiro parcial.


 


A avaliación das prácticas realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finales. A duración do exame será de 2 horas. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 40%.


 


Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de ó menos 5, na seguinte fórmula:


 


CG = 0,6 * CT + 0,4*CP


 


CT = nota de teoría,    CP = nota de prácticas.


 


NOTA IMPORTANTE:


 


Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua, e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio.


 


EXAMEN DE RECUPERACION:


 


O exame de recuperación (Xuño-Xullo) ten a mesma estructura que o primeiro.


 


 


RECOMENDACIONES


 


OUTROS COMENTARIOS


 


Recoméndase ós alumnos que realicen con frecuencia buscas na rede sobre os temas relacionados coa materia especialmente os sitios dos fabricantes de dispositivos electrónicos e circuítos integrados. Tamén pode resultar útil o acceso ós apuntes que moitos profesores de outras universidades poñen ó noso servicio amablemente.


 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000