Prácticas en aulas de informática |
Os alumnos organizaranse en grupos de dúas persoas. Traballarán cunha ferramenta de deseño de circuítos integrados, mediante a cal levarán a cabo os pasos máis importantes na definición e comprobación do deseño físico dun circuíto integrado a medida. Realizarase un control de asistencia e aproveitamento de cada sesión.
Nestas sesións traballaranse as competencias A52 e B4 |
Presentacións/exposicións |
Cada grupo de alumnos deberá realizar unha presentación pública do proxecto que levou a cabo, e someterse ás preguntas da audiencia (profesores e alumnos da materia).
Nestas sesións traballaranse as competencias A9 e A52 |