Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas clases avaliaranse as competencias A3, A4, A5, e A55. 35
Traballos tutelados Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade da memoria final realizada así como a súa exposición pública na aula. A nota final do traballo (NTG) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas clases avaliaranse as competencias A3, A4, A5, e A55. 15
Probas de tipo test Probas que se realizarán logo de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas clases avaliaranse as competencias A3, A4, A5, e A55. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

Enténdese
que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou
que asistan a 2 prácticas de laboratorio optan pola avaliación
continua
da materia.

A
materia divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (35%) e
traballo tutelado (15%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico
no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría ao finalizar o tema 5. A segunda proba realizarase
o mesmo día que o exame final que se celebrará na
data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o
día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas..

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas tipo
test e de desenvolvemento do temario. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota
das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos
parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10
na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte
o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b
Práctica

Realizaranse
7 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos
de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das 7
prácticas avaliarase unicamente o día da práctica.

Para
a valoración da parte práctica terase en conta o traballo
de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido
durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas:

NFP
= (NP1 + NP2 + NP3 + NP4 + NP5 + NP6 + NP7)/7

Para
superar a parte de práctica será necesario obter na nota
final de prácticas polo menos 5 puntos de 10. Ademais, o estudante
só poderá faltar a 2 sesións de laboratorio, e só se se trata
de faltas debidamente xustificadas.

1.c
Traballo tutelado

Na
primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse
todas as actividades a realizar e asignarase o traballo concreto a cada
grupo de estudantes. O traballo presencial levará a cabo
nas restantes sesións de titoría en grupo (horas tipo C).

O
traballo será avaliado en función dos resultados obtidos e a
análise dos mesmos. Para iso, valorarase a exposición
pública na aula cunha nota (NE) entre 0 e 10 puntos e a
calidade da memoria final realizada cunha nota (NM) entre 0 e 10
puntos. A nota final do traballo en grupo (NTG) será a suma
ponderada das notas de cada parte, tendo a presentación na
aula un peso do 30% e a memoria do traballo un 70%. A nota final
do traballo en grupo (NTG) será:

NTG
= 0,3·NE + 0,7·NM

Para
superar esta parte a nota final do traballo en grupo (NTG) terá
que ser de polo menos 5 puntos de 10 e o estudante non poderá faltar
a máis de 1 sesión. A falta deberá ser debidamente
xustificada.

1.d
Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50%,
a nota de prácticas (NFP) do 35% e a nota do traballo tutelado
(NTG) do 15%. Para aprobar a materia será imprescindible superar
a parte de teoría, a parte práctica e a parte de traballo
tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG

No
caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NPF <
5 ou NTG < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada
unha das probas parciais de teoría, ou de faltar a máis
de 2 sesións de prácticas ou a máis de 1 sesión de titoría en grupo,
a nota final será a mínima das notas obtidas no tres partes:

NF
= min{ NFT,·NFP, ·NTG }

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2.
Exame final

Os
alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse
a un exame final que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación
continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da
Escola para a realización do exame final, os estudantes que non
optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba
teórica, unha proba práctica no laboratorio, e entregar unha
memoria final de traballo tutelado.

O
traballo tutelado deberá presentarse na semana seguinte á
entrega das memorias. Para a asignación do traballo tutelado o
alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado
polo profesorado con suficiente antelación.

O
exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha
serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das
notas das probas parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para
avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados
obtidos na proba realizada no laboratorio. A parte práctica
valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas (NFP)
será a cualificación obtida.

Para
avaliar o traballo tutelado teranse en conta os resultados
obtidos e a análise dos mesmos. Para iso, valorarase a
exposición pública na aula cunha nota (NE) entre 0 e 10 puntos
e a calidade da memoria final realizada cunha nota (NM) entre 0
e 10 puntos. A nota final do traballo en grupo (NTG) será a suma
ponderada das notas de cada parte, tendo a presentación na
aula un peso do 30% e a memoria do traballo un 70%. A nota final
do traballo en grupo (NTG) será:

NTG
= 0,3·NE + 0,7·NM

Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada unha do tres partes. Neste caso a
cualificación final será a suma ponderada das notas de cada
parte:

NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG

No
caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NFP <
5 ou NTG < 5), a nota final será a mínima das notas obtidas no tres partes:

NF
= min{ NFT,·NFP, ·NTG }

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3.
Segunda oportunidade de superar a materia

Esta oportunidade constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na
avaliación continua. Terá o mesmo formato que o exame
final e celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola. Para a asignación do
traballo tutelado o estudante debe apuntarse previamente seguindo
o procedemento indicado polo profesor con suficiente antelación.

Aos estudantes que se presenten a esta segunda oportunidade conservaráselles a nota das partes ás que non se presenten. A nota que se manterá nos devanditos casos será a que obtivesen na avaliación continua ou exame final dese mesmo curso académico. Ademais, nesta ocasión os estudantes só poderán presentarse a aquelas probas que non superasen na primeira oportunidade.

O
cálculo da nota final da materia realizarase tal e como
se explica no apartado 2.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000