Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 35
Traballos tutelados Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade da memoria final realizada así como a súa exposición pública na aula. A nota final do traballo (NTG) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 15
Probas de tipo test Probas que se realizarán logo de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

Enténdese que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas de laboratorio optan pola avaliación continua da materia.

A materia divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (35%) e traballo tutelado (15%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan.

1.a Teoría

Levaranse a cabo 2 probas parciais de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase na quenda de teoría ao finalizar o tema 5. A segunda proba realizarse o mesmo día que o exame final que se celebrará na data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que si un estudante non pode asistir o día no que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetirlas.

Cada proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das probas ás que se falte será de 0 puntos. A nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:

NFT= (PT1 + PT2)/2

Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada unha delas. Si se obteñen menos de 5 puntos de 10 na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b Práctica

Levaranse a cabo 7 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das 7prácticas avaliarase unicamente o día da práctica.

Para a valoración da parte práctica terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvemento durante as sesións no laboratorio. Valorarase cada práctica cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)será a media aritmética das notas das prácticas:

NFP= (NP1 + NP2 + NP3 + NP4 + NP5 + NP6 + NP7)/7

Para superar a parte de práctica será necesario obter na nota final de prácticas polo menos 5 puntos de 10. Ademais, o estudante só poderá faltar a 2 sesións de laboratorio, e só si se trata de faltas debidamente xustificadas.

1.c Trabajo tutelado

Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse todas as actividades a realizar e asignarase un traballo concreto a cada grupo de estudantes. O traballo presencial levarase a cabo nas restantes sesións de titoría en grupo (horas tipo C).

O traballo será avaliado en función dos resultados obtidos e da análisis dos mesmos. Para iso, valorarase a exposición pública na aula cunha nota (NE) entre 0 e 10 puntos e a calidade da memoria final realizada cunha nota (NM) entre 0 e 10puntos. A nota final do traballo en grupo (NTG) será a suma ponderada das notas de cada parte, tendo a presentación na aula un peso do 30% e a memoria do traballo un 70%. A nota final do traballo en grupo (NTG) será:

NTG=  0,3·NE + 0,7·NM

Para superar esta parte a nota final do traballo en grupo (NTG) terá que ser de polo menos 5 puntos de 10 e o estudante non poderá haber faltado a máis dunha sesión. A falta deberá ser debidamente xustificada.

1.d Nota final da materia

Na nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota de prácticas (NFP) do 35% e a nota do traballo tutelado (NTG) do 15%. Para aprobar a materia será imprescindible haber superado a parte de teoría, a parte práctica e a parte do traballo tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG

No caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NPF <5 ou NTG < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais de teoría, ou de faltar a máis de 2 sesións de prácticas ou a máis de 1 sesión de titoría en grupo, a nota final será o mínimo da suma ponderada e 4,5:

NF= min{ (0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG) ; 4,5 }

2. Exame final

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optaran pola avaliación continua deberán realizar unha proba teórica, unha proba práctica no laboratorio, e entregar unha memoria final do traballo tutelado.

O traballo tutelado deberá presentarse na semana seguinte á entrega das memorias. Para a asignación do traballo tutelado o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

O exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais:

NFT= (PT1 + PT2)/2

Para avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados obtidos na proba realizada no laboratorio. A parte práctica valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación obtida.

Para avaliar o traballo tutelado teranse en conta os resultados obtidos e a análise dos mesmos. Para iso, valorarase a exposición pública na aula cunha nota (NE) entre 0 e 10 puntos e a calidade da memoria final realizada cunha nota (NM) entre 0 e 10 puntos. A nota final do traballo en grupo (NTG) será a suma ponderada das notas de cada parte, tendo a presentación na aula un peso do 30% e a memoria do traballo un 70%. A nota final do traballo en grupo (NTG) será:

NTG=  0,3·NE + 0,7·NM

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das tres partes. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG

No caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NFP <5 ou NTG < 5), a nota final será o mínimo da suma ponderada e 4,5:

NF= min{ (0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG) ; 4,5 }

3. Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)

A convocatoria extraordinaria de Xullo constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua e que terá o mesmo formato que o exame final. A segunda convocatoria celebrarase na data que establezca a dirección da Escola. Para a asignación do traballo tutelado o estudante debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

Aos estudantes conservaránselles as notas das partes ás que non se presenten nesta convocatoria extraordinaria. As notas a conservar serán as obtidas na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou exame final) dese mesmo curso académico.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000