Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Xestión do espectro radioeléctrico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realización de medidas sobre un panel de distribución de sinal de TV. Esta práctica realízase en grupo e a cualificación de cada alumno será a do grupo.
2.5 C21
C25
Traballos tutelados Realización de traballos tutelados sobre temas relacionados coa xestión do espectro que serán expostos en clase. Avaliaranse de modo individual en función da exposición realizada por cada alumno. 15 B9
D4
Prácticas en aulas de informática Cálculos de cobertura dunha estación de AM. Esta práctica realízase en grupo e avaliarase mediante a memoria da práctica entregada polo grupo. 5 B6
B9
C21
C25
D4
Saídas de estudo/prácticas de campo Manexo básico dun analizador de espectro. Medida do ancho de banda dun sinal FM. Medida de sinais TDT. Avaliaranse mediante proba individual ao finalizar a práctica.

Instalación dunha antena parabólica. Medidas fase 1 e fase 2. Estas prácticas realízanse en grupo e a cualificación de cada alumno será a do grupo.
27.5 B5
B7
B9
C21
C25
D4
Outros Exames escritos dos contidos da materia. Avaliación individual.
50 B6
B7
B8
C21
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación na convocatoria ordinaria: avaliación continua e avaliación final. Os alumnos deberán optar por unha das dúas opcións de avaliación
antes da data límite de entrega da primeira proba.



a) Avaliación continua. A avaliación continua realizarase en base á
memoria da práctica de ordenador e probas realizadas nas outras sete prácticas. Tamén se avaliará
o traballo tutelado mediante a presentación do mesmo en clase. Haberá un exame parcial escrito no medio do cuadrimestre. A última tarefa da avaliación continua é un exame escrito ó final do cuadrimestre. Estas tarefas non son recuperables e só son válidas para o curso
actual.

b)Avaliación final. Os alumnos que non opten por avaliación continua realizarán un exame escrito que abarcará a parte teórica (50%) e outro exame escrito da parte práctica (50%)  na data oficial de exame acordada pola Escola.

2) Convocatoria estraodinaria (xullo). Os alumnos que optasen previamente por avaliación continua
poderán optar entre repetir os exames escritos (50% da nota) ou examinarse de novo de toda a materia (100% da nota) mediante dous
exames escritos que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%). Comunicarán a opción que elixen antes da
data oficial do exame. O resto dos alumnos examinaranse de toda a materia mediante dous exames escritos que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000