Para aqueles alumnos que opten por avaliación continua a nota final obterase como:
Npuntuables Nproyecto Nexamen
sendo Npuntuables a nota acumulada nos exercicios curtos puntuables, ata un máximo de 3 puntos; Nproyecto a nota do proxecto práctico ata un máximo de 2 puntos, e Nexamen a nota do exame final ata un máximo de 5 puntos.
Para os alumnos que non opten por avaliación continua, a nota será a obtida no exame final.
O exame final será o mesmo para os dous tipos de avaliación; só cambiará o seu peso na nota final segundo o alumno opte ou non por avaliación continua.
O alumno debe decidir, trala realización da segunda proba puntuable, si opta por avaliación continua ou non, comunicándollo ao profesor dentro do prazo que se estableza. Os alumnos que optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de suspenso "" independentemente de que se presenten ao exame final ou non.
A nota dos puntuables consérvase para a convocatoria de Xullo, pero non para cursos posteriores. No exame da convocatoria de Xullo os alumnos que opten por avaliación continua poderán elixir si desexan manter a nota obtida nas probas puntuables e proxecto, ou ser evaluados só polo exame final cun peso do 100%. |