Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Xestión e certificación radioeléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Realización de medidas sobre un panel de distribución de sinal de TV.
Avaliaranse as competencias ST1 e ST5.
2.5
Traballos tutelados Realización de traballos tutelados sobre temas relacionados coa xestión do espetro, que serán expostos en clase a fin de avaliar a compentencia CG9.3 "Capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coas telecomunicacións e a electrónica." 15
Prácticas en aulas de informática Cálculos de cobertura dunha estación de AM. Avaliarase coa memoria da práctica.
Avaliaranse as competencias CG6, CG9, ST1 e ST5.
5
Saídas de estudo/prácticas de campo Manexo básico do analizador de espectro. Medida do ancho de banda dun sinal FM. Medida de sinais TDT. Instalación dunha antena parabólica. Medidas fase 1 e fase 2.
Execución da práctica ou proba ao finalizar a práctica.
Avaliaranse as competencias CG5, CG7, ST1 e ST5.
27.5
Outros Exames escritos dos contidos da materia.
Avaliaranse as competencias CG6, CG7, CG8, ST1 e ST5.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1)Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación na convocatoria ordinaria, ao final do cuadrimestre: avaliación continua e avaliación final. Os alumnos deberán optar por unha das dúas opcións de avaliación
antes da data límite de entrega a memoria da primeira práctica.
Para poder optar á avaliación continua o alumno debe realizar e
entregar en prazo os exercicios que se vaian propondo nas clases
de teoría.



a)Avaliación continua. A avaliación continua realizarase en base á
memoria da práctica de PC e probas realizadas nas outras sete prácticas. Tamén se avaliará
o traballo tutelado mediante a presentación do mesmo en clase.
A última tarefa da avaliación continua é un exame escrito. Estas tarefas non son recuperables e só son válidas para o curso
actual.

b)Avaliación final. Os alumnos que non opten por avaliación continua realizarán un exame escrito que abarcará a parte teórica (50%) e outro exame escrito da parte práctica (50%)  na data oficial de exame acordada pola Escola.

2) Convocatoria estraodinaria (xullo). Os alumnos que optasen previamente por avaliación continua
poderán optar entre repetir os exames escritos (50% da nota) ou examinarse de novo de toda a materia (100% da nota) mediante dous
exames escritos que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%). Comunicarán a opción que elixen antes da
data oficial do exame. O resto dos alumnos examinaranse de toda a materia mediante dous exames escritos que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000