Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Seguridade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración dos dous boletíns de problemas/exercicios. O grupo deberá entregar o boletin 1 antes da semana 10 e o 2 antes da semana 15. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia. Este exame constará duns 8 a 10 exercicios/problemas/cuestións sobre os contidos impartidos no curso. 50
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba de grupo na que o profesor valorará a práctica de laboratorio, revisando o seu funcionamento cos integrantes do grupo presentes. Esta proba realizarase na semana 15. 20
Traballos e proxectos Proba de grupo. Valoración do proxecto ou traballo tutelado realizado polo grupo (tipo C). O grupo fara unha demostración ao profesor do proxecto ou traballo realizado e resultados obtidos. O grupo debera entregar o traballo antes da semana 15. Todos os integrantes do grupo deben estar presentes no momento da presentación. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • ELECCIÓN DE AVALIACIÓN CONTINUA.
Os alumnos que opten por avaliación continua deberán comunicalo explicitamente ao profesor antes da semana 4 do curso académico. A comunicación sera por correo electrónico.

  • CONVOCATORIA DE FIN DO CUATRIMESTRE.

A avaliación continua esta formada polos exercicios a realizar de forma autonoma, polo traballo tutelado e polas practícas de laboratorio, representando en total o 50% da asignatura, segun se especifica enriba no descriptivo das probas.

Os alumnos que non elixan EC faran un exame final polo 80% da nota, xunto coa practica de laboratorio que completase o outro 20%.

O exame final sera o mesmo para todos os alumnos, tantos para os que opten por avaliación continua como para os que non. No caso dos de avaliación continua conta  como o 50% da nota, mentres que para os que non opten por avaliación continua conta polo 80% da nota final.

  • CONVOCATORIA DE XULLO
Para os alumnos que non opten en maio por avaliación  continua, realizarase un exame final cun valor do 80% xunto co laboratorio que representase o 20%.  Gárdase a nota do laboratorio de Xaneiro.

Os alumnos que opten en Xaneiro por EC, poderán seguir optando en xullo por EC ou ben cambiar á opción d avaliación final. Os alumnos que así o fagan deberán comunicalo explícitamente ao profesor por correo electrónico.
  • No primeiro caso, é dicir, dos que sigan por EC en xullo, gárdase a nota do boletín de problemas, a nota do traballo tutelado e da practica do laboratorio. Ainda asi, o alumno ten a posibilidade de mellorar calquera delas ata chegar á puntuacion máxima correspondente. 
  • No segundo caso, realizase un exame final polo 80% da nota e as prácticas de laboratorio polo 20%.

A cualificacion obtida nas practicas de laboratorio e traballos en grupo será valida so durante o curso academico no que se realicen e no seguinte.

Considerarase a un alumno como "non presentado" se non seguiu a avaliacion continua e non se presentou a o examen final.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000