Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitectura e tecnoloxía de redes
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Serán cualificadas como apto/non apto. O alumno será apto se asiste a todas as sesións deste tipo. Se por algún motivo pérdese algunha, deberá suplila realizando algunha práctica complementaria que o profesor definirá no seu momento. 0
Traballos tutelados O proxecto en grupo de carácter práctico en que se verá envolvido o alumno determinará unha das notas, Xb, da nosa avaliación continua. O valor da nota (entre 0-10) dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, da presentación/informe que a acompañe, e da maior ou menor implicación do alumno no traballo desenvolvido. 25
Outros O uso dunha rede social educativa permitirá definir actividades online en grupo (como foros de debate, blogues, competicións intelectuais online, ...) e valorar a participación individual dos alumnos tras a observación sistemática que realizarán os profesores (Z). 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames escritos: un a metade do cuadrimestre (Xa1), e unha proba final (Y). Ditas probas son de carácter teórico e avalíanse individualmente sobre un máximo de 10 puntos. A segunda (exame final, Y) suporá o 40% da nota definitiva e esixiráselle ao alumno polo menos 3/10 para optar ao aprobado xeral. A proba intermedia, Xa1, promediará de forma singular coas probas de resposta curta (Xa2) e os traballos tutelados (Xb) para conseguir outro 50% da cualificación final. 52.5
Probas de resposta curta Con certa periodicidade, e dentro das sesións maxistrais, poderanse incorporar preguntas breves -de carácter teórico- avaliables (Xa2). Ditas preguntas, xunto coa proba de resposta longa intermedia (Xa1), compoñen a parte de teoría complementaria á do exame final Y. 12.5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de "avaliación continua" ou ben "exame final". Un alumno elixiría "avaliación continua" se se presenta ao exame escrito (Xa1) que terá lugar a metade de cuadrimestre. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de "avaliación continua"; e son só orientativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación:

Para a avaliación continua, a nota final será a media aritmética ponderada da obtida na proba final (Y, 40%), da asociada de xeito conxunto a outras actividades avaliadas durante o curso (Xa1, Xa2 e Xb) e da derivada das actividades online que se definan (Z, 10%); debendo obterse, polo menos, 3 puntos sobre 10 nas dúas primeiras, X e Y, e tendo o alumno a obrigatoriedade de asistir a todas as sesións prácticas do laboratorio (a non ser que medien causas xustificadas). A nota conxunta do resto de actividades que acabamos de mencionar, X, será a media xeométrica entre a nota do traballo tutelado (Xb) e a suma ponderada (50%, 50%) das probas de resposta curta (Xa2) e o exame escrito a metade do cuadrimestre (Xa1).

X=SQRT [Xb*(0.5*Xa1+0.5*Xa2)]

NOTA FINAL= 0.5*X+0.4*Y+0.1*Z

Os alumnos que non opten por realizar a avaliación continua deberán presentarse a un exame final que constará de tres partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Y), unha proba de aptitude no laboratorio e un traballo práctico individual (Xb). A nota final, neste caso, é a media xeométrica entre a proba teórica e o traballo práctico, coa condición de que se supere a proba de aptitude.

Finalmente, a proba extraordinaria de xullo terá as mesmas características que o exame final que acabamos de describir, coa salvidade de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Xb ou Y) si esta xa foi superada na proba ordinaria correspondente (avaliación continua ou exame final ordinario). A proba de aptitude só será necesaria si non asistiron a todas as sesións de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000