Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Sistemas operativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de contidos teóricos de cada un dos temas expostos nas sesións maxistrais.
60 CG3
CG4
CT2
CT3
Práctica de laboratorio Avaliación do traballo realizado nas sesións de laboratorio.
20 CG4
CE33
CT2
Traballo Na última sesión presencial de taller, os alumnos entregarán e expoñerán aos seus compañeiros o deseño e a solución suscitados para o sistema software obxectivo do proxecto. Dita solución será exposta a debate entre os alumnos e os profesores.

O profesor fará preguntas a cada membro do grupo, o que permitirá a súa avaliación individualizada.
20 CG4
CG9
CT2
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia pode superarse mediante Avaliación
Continua segundo os criterios que se indican máis adiante, tendo aberta a
posibilidade de optar pola Avaliación Non Continua en calquera momento ata
o comezo do exame final a celebrar o día fixado para ese efecto no
calendario oficial da EET. Todos aqueles alumnos que opten pola
avaliación continua consideraranse presentados se se avalían da parte do
traballo en Talleres.

Avaliación Continua:

A nota final resultará da suma das notas
correspondentes ao tres compoñentes seguintes:

1.     Tres probas escritas para avaliar os contidos impartidos nas clases maxistrais.
Cada proba terá lugar nunha das sesións maxistrais, excepto a última
que se realizará nunha das sesións do Taller.

 Puntuación:
Ata 2 puntos cada proba. (T=t1+t2+t3)

2.      Unha proba na última sesión de laboratorio sobre todas as prácticas propostas.

 Puntuación:
Ata 2 puntos. (L)

3.     Presentación
do Proxecto proposto como traballo nas sesións do Taller.

   Puntuación:
Ata 2 puntos. (P)

Para aprobar a
materia por Avaliación Continua teranse que dar o tres condiciones
seguintes: (i) obter unha cualificación igual ou superior a 2 puntos no
conxunto das probas escritas; (ii) cualificación superior a 0,75 puntos na proba práctica; e (iii) asistir a todas as sesións
presenciais de taller e obter máis de 0 puntos na presentación do
proxecto. No caso de cumprirse os tres requisitos anteriores, a nota final da evaluación continua será a suma dos tres compoñentes (Nota=T+L+P). Se non se cumpre algún dos tres requisitos, a nota da evaluación continua será a mínima da obtida en cada un dos tres compoñentes.

Avaliación Non Continua:

Mediante un exame sobre 10 puntos fixado no
calendario oficial da EET.

Convocatoria de Segunda Oportunidade e de Fin de Carreira:

Rexerase polo indicado para a avaliación Non
Continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000