Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado. AVALIACIÓN CONTINUAA avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Óptase pola avaliación continua á firma o documento de compromiso que se ofrecerá durante as semanas 1-3, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que a persoa se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final. Tipos e valoración de actividades * Sesións maxistrais. Valoración individual (Peso: 50%) * Prácticas en aulas de informática (Peso: 15%). A súa avaliación divídese entre o traballo escrito, con valoración en grupos flexibeis de dous (10 %) e a interpretación das prácticas, con valoración individual (5 %). * Prácticas de laboratorio (peso: 35%): A súa avaliación divídese entre a preparación, con valoración en grupo reducido (8'25 %) e a interpretación das prácticas, con valoración individual (26'75 %). Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións: 1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), no conxunto das actividades de cada tipo. 2) Obter unha nota global, calculada como a suma das puntuacións das actividades ponderadas polo peso correspondiente, igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).
AVALIACIÓN NON CONTINUAQuen non firme o documento de compromiso será avaliada/ou a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final incluirá os contidos tratados en todas as actividades, de forma que se demostre que adquiriu as mesmas competencias que quen optasen pola avaliación continua. Tipos e valoración de seccións * Sesións maxistrais. Valoración individual (Peso: 50%) * Prácticas en aulas de informática. Valoración individual (Peso: 15%) * Prácticas de laboratorio. Valoración individual (peso: 35%) Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións: 1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), en cada unha das distintas seccións nas que se divide o exame. 2) Obter unha nota global no exame igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).
Convocatoria extraordinaria:
Quen fose avaliada/o por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame: * Realizar unha proba das partes examinables por escrito na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada/ou segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACION CONTINUA”. * Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”. Quen NON fose avaliada/o por Avaliación Continua: * Será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”. |